mardi 6 juin 2006

AS LOUCURAS DE BROOKLYN

Paul Auster deunos con Brooklyn Follies unha das súas mellores novelas. Dende A música do azar non nos ofrecía nada de tanta calidade. Salientarei deste romance os seus personaxes, nomeadamente ese Natham Glass que descubre como a casualidade pode mudar a súa vida ou ese Harry, dotado de tanto releve. A prosa, alixeirada de figuras literarias lastrantes, flúe agradablemente.
Posté par Jaureguizar à 08:54 - Commentaires [22] - Permalien [#]