A SOIDADE DE RIVAS
A semana pasada pareceume mirar un tanto soziño e Rivas na Illa de San Simón. Poida que fose unha impresión miña e estivo sempre moi acompañado, mais non sentín esa nube de moscas que o acompañara noutros encontros colectivos. Pareceume cruel a actitude de moitos convidados para con el, agora que desenvolveu o maior dos seus esforzos para escribir a gran novela galega que lle pediu Torrente. Aínda ninguén me explicou a razón pola que Rivas teña que escribir a gran novela galega, nin sequera o motivo para que teña que escribir novelas. Rivas escribiu algúns dos mellores contos na nosa lingua e é un cronista excepcional; a novela (cando menos ata o de agora) non é o seu e debería asumilo. Rivas é un grande escritor e excusa de practicar xéneros que non domina para demostralo. Con todo, traballou cunha enerxía descomunal na súa nova entrega e devezo por lela para comprobar se o resultado pagou a xeira. O outro día, comentaba, puiden conversar agradablemente con el un pedazo, e me manifestou a súa ilusión por traballar en catalán con Edicións 62, coincidimos en que son os mellores nesa lingua. E puiden falar con el, xa escribo, porque os loubadores miraban xa para o futuro. Lembrei, daquela, de Sartre.