Alfonso Sanmartín (Rodeira) converteuse no presidente da Asociación Galega de Editores nunha asemblea na que obtivo 19 votos a favor e tres abstencións. Semella que a pax editorial, que logrou Miguel Anxo Fernán Vello tras a etapa de Fabiola Sotelo á fronte da AGE, mantense. Estará acompañado na directiva por Pilar Sampil (Galaxia), Xosé Ballesteros (Kalandraka) e Fran Alonso (Xerais). Houbo un recoñecemento para o labor de consolidación e expansión de Fernán Vello, no que eu tamén acredito.
Commentaires sur ALFONSO SANMARTIN, PRESIDENTE DA AGE
- Perdon, a pregunta era que se o sabía vostedes porqué non o explica e matiza na súa opinión. Como periodista, se lle queda algo de profesional, debería aplicar as catro reglas e non utilizar soio o eco do seu patrón, ainda que se atoparan soios nunha illa, logo de ser rechazada a súa canditura para xestor dunha cidade un pouco máis complicada ca unha editora que apenas ten beneficios o ano pese a ter moreas de subvencións.
- Como periodista, valoro máis a inmediatez cas 'Cinco W'. Valoro, xa que logo, dispor dun medio coma este que me permitiu dar a noticia ás 19.09, pouco despois do remate da xuntanza dos editores. Como periodista, dispoño de fontes abundantes, diversas e axeitadamente informadas. Iso permite que contraste as informacións que publico neste cabaret.
- servizo de plumaNon todo é literatura nesta café. Parece que vamos coñecendo un pouco máis do perfil deste difamador que aproveita o seu café para inxuriar. Fai xestos o editor que no seu día lle pediu servizo de pluma para súa causa. Logo virian os pagos, premios etc... soños de axente literaría no extranxeiro que poida por si soia abrir portas que por si soia a súa pesamima calidade literaría no abrira.
- San Simón, non me pida moderación porque eu non son moderado. Tampouco me pida que solicite moderación a unha xente que entra insultándome. Fixen por contestar educadamente e a resposta foi igual de brután. Este local ten reservado o dereito de admisión e eu non estou con gañas de aturar balbordeiros nin camorristas. Á próxima, van para a rúa.
- Pidolle desculpas Sr. Jaureguizar pola reacción. Quizás foi un pouco bruta..., pero ca intención de aportar algo interesante esta conversa, gustariame coñecer a súa opinión sobre as preguntas que lle fixen. Pode que así se entendan mellor as súas opinión e cal é o alcance da información que vostede ten.
- Esquecido o asunto, logo, Martiño. Polo que eu sei os editores con máis presenza pública(Fernán Vello, Bragado, Freixanes,...) decidiron dar un paso atrás unha vez tranquilizada a tensa situación que se vivía na Asociación de Editores buscando unha maior profesionalización. E pediron a Alfonso García Sanmartín que se presentase. Eu sei pouco de el, pero disque é un home conciliador e que ten un amplo coñecemento do sector. O candidato logrou un largo respaldo (sen un voto en contra) que dá idea do que os editores pensan sobre el. Entendo que continuará a dinamización que tan axeitadamente impulsou Fernán Vello.
- LimpezaNon é boa idea Jaure intentar limpar o local de todos aqueles que non lle aplauden o guapo e bo escritor que vostede representa ser. O resultado, logo desta limpeza, vai facer que a concersa sexa pouco interesante. Para aplaudir catro cousas de Brétemas ou convertir o Blog nunha marquesina de publicidade de lencería xa nos chega co do candidato frustado.
- (1) Pax editorialLongo e aburrido... pode que sí, pero vostede volta a facer algunhas insinuacións gratuitas sobre a que foi unha das épocas máis fructiferas da asociación de editores. Nesa época conseguiuse que os galegos souperan da importante e variada producción editorial galega. A través dos salons do libro, en toda-las capitais de Galicia conseguiose presenza e visibilidade dos libros galegos en xeral. Esta iniciativa supuxo un esforzo de xestión descomunal e sempre contou ca oposición do Sr. Bragado, pois facía que os galegos poideran ver toda a producción editorial, das pequenas e das grandes editoras, cunha mesma valoración, é decir en pe de igualdade e esto daballe aire os pequenos editores, que non tiñan tanta presenza mediativa, como por exemplo Xerais. Curioso non...?
Os que se mostran e presentan como os valedores da industria editorial pondo paus nas rodas. Miserias de pequeno pais ou lobos con pel de ovellas.
O novo presidente non voltou a repetir esta iniciativa pois supón demasiado traballo para un poeta. - Debaixo da pel de carneiroMáis ca candidato frustrado eu diría abortado. O bloque en asamblea non quiso saber desta persoaxe e o que escribe fixo un infome completo do seu comportamento na asociación de editores, o longo dos anos, xa que había interés en coñecer o tipo de ovella que se agocha debaixo da pel de carneiro.
- San Simón, o que abonda neste local non son precisamente as loubanzas ao meu físico nin a calidade da miña literatura. Hai comentarios case que cotiáns recordándome o mal escritor que son e eu levo dous anos aturándoos porque non teño nada que replicar sobre opinións. O que me cabrea é que acusen de corruptelas. Con todo, puido vostede ler esas acusacións en Facendo amigos e pode lelas en Cabaret Voltaire. O que acontece é que ás veces aburro de lelas e ameazo con borralas. Pero aí están. Neste mesmo fío hai varias.
- Martiño, a etapa de Fabiola Sotelo tivo cousas positivas; sería inxusto negalo. Os salóns dos libros son unha das mellores ideas que houbo nunca no noso sistema literario. Eu tamén quero que volvan e así o pedín en moitas ocasións á xente con capacidade para facelo. Cónstame que hai interese nesa fórmula e que pode retomarse no futuro, pero non me pida que conte máis porque comprometería a un terceiro. O negativo, e creo que negativamente definitivo, foi xerar banderías no seo dos editores; división que chegou a que houbo uns cantos que pensaron en crear outra asociacións. Podía falar de certa ruindade que sufrín, mais evitarei quitar de paseo a miña inmensa egocentria.
- Que fixo Miguel Anxo...?Xa que logo recoñece que o tal martiño levaba algo de razón. Lembro os salóns do libro como unha gran iniciativa que puña de relieve a variedade de títulos e xeneros dentro do mundo da edición en galego e contrastaba fortemente ca falta de presencia dos libros en galego nas librerias. Como é posible que Miguel Anxo deixara de facer iste actos tan importanes para edición e comunicación o gran público da existencia da edición en galego. Como é posible se o fixo tan ben, según vostede. Que fixo logo...durante istes anos...
Lovo un ratiño pensando e soio lembro o remate da páxina que xa estaba prevista e enfocada e algunha que outra importante bandullada. - Non hai valorLevan un ano xa e non fixeron nada, e claro non se atrven a decilo. Agora a sybvencions son para os amigos, e algúns prefiren estar fora, es os editores poñen os contables na directiva, e a Jaureguizar parecelle ben. A ver Jaureguizar cando editas en Rusia ou en Australia coma Alfredo Conde, ou te nomean conselleiro de Cultura, ou mellor ainda que poñan a ese exempleo de ponderación e talento literario chamado Bragado o frente do Consello da Cultura, coma fixo o PP con Casares. Non hai o que hai que ter e agora calamos todos a boca. Non nos atrevemos a decir que cultura da Bugallo e un desastre e pregerimos irnos todos. Unhos a cobrar subvencións e outros calar, que se quede Alonso e Sampil e que Jaureguizar faga de corífero. Esperamos a tua novela, este é un bo argymento para ela, a ver si cha editan en castelán, que en galego editan calquer cousa. Si tes dubidas, preguntalle a Isaac Díaz Pardo.
- (2) Pax editorialNon é certo o consenso do último nomeamento, do que vostede se fai eco.Teña coidado cas fontes do candidato frustrado, pois ten tendencia a subxetiviza-los feitos máis ala do razoable. Mascato e Del Pulgar tiñan a súa propia candidatura, que logo retiraron, no último momento, por non ter suficientes apoios.
- Amarillismo para todosHai que amolarse co Sr. Jaure. Fai calquera cousa o seu amigo Carliños Lema, o seu gran descubridor, ou o Bragado e corre o a toda velocidade a servilos. Acadan de nomear fillo adoptivo a Bieito Ledo no seu pobo e nin unha soia liña. Reivindico amarillismo para todos ou para ningún. Dudo moito que alguén queira adoptar o candidato abortado como lle din no seu cafe.
- Bragado, asesor da cidade da culturaSr. Jaure, notamos en falla unha entrada sobre o nomeamento de Bragado como asesor da Bugallo na cidade da cultura. Para arranxar a frustración olivica buscaronlle outro cholliño. O Quin anda perdido, está dando moitos paus de cego; gobernar unha vila non é gobernar unha comunide con máis ou menos autonomía. O boi non está atado como en Allariz e as embestiduras poden deixar a un fora de combate. Da Bugallo prefiro nen falar. Co sobrado de ideas que anda o Sr. Manolo seguro que se lle ocurre un macro salón do libro galego ou do libro Xerais.
- (3) Pax editorialOutra idea que pensaba comentar nesta conversa foi introducida no anterior comentario por San simón. É decir, nen Manolo Bragado, nen outros editores, dos que no seu día arremeteron con todas as súas forzas contra a anterior directiva, pese a estar traballando na boa dirección, teñen agora interés na asociación. Xa non necesitan esta asociación para aproveita-la súa forza para presionar a Xunta e poder conquerir acordos de compra e subvencións. Conseguin bós acordos fora da asoción e soio para eles, sen ter que repartir. Por outra banda, ca gratuidade do libro de texto, a asociación vai ter que posicionarse en contra da política da xunta e esto non é o que lle conven os interesese máis directos de Bragado, o gran instigador e manipulador.
- (5) Pax editorialAlfonso Sanmartin (edebe-rodeira) é un bo tipo e será o encargado de lidiar cas posibeis reclamacións ou compensacións que se fagan a xunta pola gratuidade do libro de texto. que é o que iste Sr. publica. Xa que logo, o nomeamento será de consenso pero representa escasamente a problemática que ten a maioría dos editores do país. Entendo pois que a asociación de editores galega permanecerá aletargada durane uns anos. Esta era a verdadeira nova Sr. Jauré e non un aplauso o eco do candidato frustrado.
- Candidaturas na AGEEstimado Santiago
Antón Mascato non estivo en ningunha candidatura polo que procurou apoios para ela. Negouse a formar parte de ningunha, pedindo antes e no día das eleccións un amplo debate no seo da Asociación sobre o modelo que queremos. Os compañeiros e compañeiras escolleron a única candidatura presentada, deixando ese debate sen facer.
A opinión é libre, pero cando se cita a alguén debería facerse con coñecemeto de causa.
Grazas. - Estimado Santiago
Antón Mascato non estivo en ningunha candidatura polo que NON procurou apoios para ningunha, nin propia nin allea. Negouse a formar parte de calquera, pedindo antes e no día das eleccións un amplo debate no seo da Asociación sobre o modelo que queremos. Os compañeiros e compañeiras escolleron a única candidatura presentada, deixando ese debate sen facer.
A opinión é libre, pero cando se cita a alguén debería facerse con coñecemeto de causa.
Grazas.
Repito este texo porque faltou un NON.
Nouveau commentaire
Vai ser vostede o último que se decata de que si hai paz na asociación de editores non é porque se tranquilizaran as víboras senon porque éstas comen noutras maseiras.