Isidro Novo gañou o Premio Arcebispo San Clemente con Un escuro rumor tras o silencio. A miña novela Cabaret Voltaire ficou como finalista, xunto con Aguillóns de Ortegal de Hixinio Puente. Comprenderán que prefería que gañase o meu libro, pero gañou o de Isidro e me alegro porque o galardón págalle o esforzo literario que fai.
Commentaires sur ISIDRO NOVO GAÑA O 'ARCEBISPO SAN CLEMENTE'
- Parabéns a Isidro, bo escritor e persoa.
- OK, felicidades a Isidro Novo.
por outra parte, non estou moi informado do funcionamento dese certame. non sei se entran a concurso os libros editados no pasado ano, en xeral, ou soamente os que levaron un premio no pasado ano en xeral. de se-lo primeiro caso, sería moito traballo para eles; de se-lo segundo, sería unha auténtica carallada. je pense. - PuntualizaciónsVaia por diante tamén a miña felicitación a Isidro Novo e mais aos finalistas Hixinio Puentes (non Puente, Jaureguizar) e o autor deste blog.
Quero facer unha puntualización ao fío do que escribe Brautigán e o que responde Jaureguizar: son os profesores do Rosalía de Castro os que lles escolman aos rapaces as tres obras que teñen que ler en cada unha das modalidades. Entón, o problema está nese filtro previo, porque, sen que os rapaces poidan facer outra cousa, xa foron descartadas moitas obras e, entre elas, algunhas ben boas.
O Arcebispo San Clemente é un premio meritorio e singular porque o dan rapaces, pero deberían retirarlles as angarellas para que puidesen andar por si sos, do contrario nunca saberemos qué escollerían eles de modo totalmente libre. - A propósito de ElvisParecía que o facía cos dous, mais o chino só lle estaba a chiscar un ollo. Bótelle unha ollada: http://www.bestiario.com/mvcuc/d.php?id=429
Apertas.
Nouveau commentaire