lundi 26 juin 2006
NOTA DA DIRECCIÓN
O Cabaret Voltaire abrirá dun xeito inconstante e caprichoso durante unha semana, ata o martes vindeiro. Saben que nas horas de peche atoparán a chave no agochadoiro de sempre e que poden entrar, consumir e deixar os cartos na caixa. Será unha semana con poucos números de baile, maxia e humor, mais son libres de subiren ao escenario. Un saúdo. A Dirección.
lundi 26 juin 2006
ENTRE O 'PENSO QUE NON' E O 'NON'
Botaba en falla a Aníbal Malvar dende hai tempo; dende Á de mosca, concretamente. Confiaba en que Pedro J. despedise o meu autor de polar favorito e que el debese varios meses de aluguer na casa da serra madrileña na que decidiu afastarse da narcofición. A Malvar non lle coñecín outro pulo para escribir co de deber cartos. Aínda confío en que iso aconteza. Polo de agora achei un remedio moi solvente na lectura de Ollos de auga, a primeira e maxistral novela de Domingo Villar. O debutante vigués (que se estrea con triplete: publicando... [Lire la suite]
jeudi 22 juin 2006
ISIDRO NOVO GAÑA O 'ARCEBISPO SAN CLEMENTE'
Isidro Novo gañou o Premio Arcebispo San Clemente con Un escuro rumor tras o silencio. A miña novela Cabaret Voltaire ficou como finalista, xunto con Aguillóns de Ortegal de Hixinio Puente. Comprenderán que prefería que gañase o meu libro, pero gañou o de Isidro e me alegro porque o galardón págalle o esforzo literario que fai.
mercredi 21 juin 2006
CONSIDERACIÓN COS LIBREIROS
Manuel Bragado e Manuel Rivas presentaron Os libros arden mal aos libreiros nun xantar que se desenvolveu este mediodía. Xa loubei esta iniciativa que Xerais empezou aplicando coas novidades de Agustín Fernández Paz e Suso de Toro e que se notou cunha maior presenza das súas obras nos escaparates. Considero que os libreiros merecen unha atención concreta por seren potenciais recomendadores de lecturas nun 60 por cento dos casos (di unha recente enquisa británica que esa porcentaxe de compradores entra nos seus locais sen unha... [Lire la suite]
mardi 20 juin 2006
LOIS E HELENA BUSCÁNDOSE UN DÍA DE TORMENTA
é o título da novela coa que Manuel Veiga gañou o Premio García Barros 2006. Valorando as súas declaracións, penso que a obra pode ser interesante. Non abondan na literatura nacional as novelas sobre relacións persoais, sendo como son un síntoma de madureza dun sistema literario. A anterior entrega de Veiga pareceume ben suxerente.
lundi 19 juin 2006
ALFONSO SANMARTIN, PRESIDENTE DA AGE
Alfonso Sanmartín (Rodeira) converteuse no presidente da Asociación Galega de Editores nunha asemblea na que obtivo 19 votos a favor e tres abstencións. Semella que a pax editorial, que logrou Miguel Anxo Fernán Vello tras a etapa de Fabiola Sotelo á fronte da AGE, mantense. Estará acompañado na directiva por Pilar Sampil (Galaxia), Xosé Ballesteros (Kalandraka) e Fran Alonso (Xerais). Houbo un recoñecemento para o labor de consolidación e expansión de Fernán Vello, no que eu tamén acredito.
dimanche 18 juin 2006
TIMES ARE CHANGING, QUE CANTARÍA DYLAN
Andan por aí moitos comentarios sobre isto que publiquei no Progreso e en Galicia Hoxe e pensei que podería interesarlles.
vendredi 16 juin 2006
KERET NO MEDIO DE ISRAEL
Nun artigo publicado en El Progreso que reproduce o blog de Rinoceronte, tratei de contextualizar a literatura de Etgart Keret.
vendredi 16 juin 2006
A SOIDADE DE RIVAS
A semana pasada pareceume mirar un tanto soziño e Rivas na Illa de San Simón. Poida que fose unha impresión miña e estivo sempre moi acompañado, mais non sentín esa nube de moscas que o acompañara noutros encontros colectivos. Pareceume cruel a actitude de moitos convidados para con el, agora que desenvolveu o maior dos seus esforzos para escribir a gran novela galega que lle pediu Torrente. Aínda ninguén me explicou a razón pola que Rivas teña que escribir a gran novela galega, nin sequera o motivo para que teña que escribir novelas.... [Lire la suite]
mercredi 14 juin 2006
NON SON MOI ORIXINAL
afirmando isto, xa o di sempre Martin Pawley; pero acredito.