Otero Pedrayo estaría contento. As probas de tradución de Ulysses van a bo ritmo. No equipo andan Eva Almazán, que demostrou a súa calidade con Brooklyn Follies, e sobre o traballo neste eido de Xavier Queipo non hai dúbida.
Commentaires sur ULIXES
- Agardabamos as tuas opinións sobre Os dous de moda!
- Ningunha dúbidaNon, sobre o traballo de Queipo neste eido non hai dúbida ningunha: http://www.galiciainformacion.com/cultura/libros/archivo/conrad.htm
- Hai quen pre-xuzgaDalgunhas experiencias propias no eido da tradución son eu o menos satisfeito. A editorial perdera a miña tradución. Logo (anos despois) tiven que a re-facer (polo mesmo prezo) e coa conseguinte desmotivación. O resultado poida que fose pouco satisfactorio pero non é peor que a tradución de André Gide ao francés (que se inventou pasaxes enteiros). Ao informante propóñolle que se defina depois de analizar o resultado e non pre-xuzgue o resultado. Saiba que por iso, pola miña propia inseguridade para atarcr un texto tan complexo puxen como condición que a tradución a fixeramos un equipo de tres persoas (fun eu o que puxo a condición). Eu non me sentiría con forzas para tal cousa. Levamos dous anos e medio de traballo e perante eses período houbo moitas dúbidas. Eu coido que é melor así, un mundo cheo de dúbidas e non de certezas. Para os que pre-xuzgan os resultados, pídolles un pouco de paciencia, algo de honestidade na evaluación das dificultades do texto e que non procuren referencias alleas para expresar as súas opinións. Lémbrolles que as críticas non son necesariamente xustas e por suposto nunca obxetivas. E por certo, se despois de ler os resultados da tradución do Ulysses, a consideran merecente de unha boa crítica, non dubiden en difundila coa mesma prodigalidade coa que difunden as críticas negativas. Aí demostrarían a súa independencia de criterio e a súa valía como persoas. Unha aperta e moitas grazas por pensar que existo.
Nouveau commentaire