mardi 11 juillet 2006
UPDIKE AGROMARÁ NA PRIMAVERA
Perdoen que teña o local tan desatendido, pero un atranco familiar tenme moi enleado nestes días. Regreso para compartir con vostedes a miña ledicia de que vaiamos ter a Updike en galego, segundo se adiantou hai días. Será na vindeira primavera. Aínda teño pendente a última do vindeiro Premio Nobel, cando xa se nos anuncia esta; por riba en galego. A partires do sábado empezo as vacacións e metereime con ese libro que me quedara agochado entre as botellas do cabaret e algúns outros.