O estupendo debut de Domingo Villar, Ollos de auga, será traducido ao italiano á volta do verán. A data de publicación é outra cuestión porque sabemos que Feltrinelli ten os dereitos e a intención, e non sabemos máis nada.

Canto á trama, eu sempre pensei que a realidade se inspira na fición.

Por certo, son pesado e volvo recomendarlles a biografía do fundador de Feltrinelli escrita polo seu fillo. Se queren descubrir por que carallo morreu un multimillonario porque lle estourou unha bomba coa que pretendía voar unha torreta eléctrica para encetar unha revolución comunista xa saben o que teñen que mercar.