vendredi 28 juillet 2006
A TORNAVÉSPERA
Entre os socialistas non se recibiron digamos que positivamente as queixas nacionalistas pola Véspera . Aseguran que houbo abondo malentendido e un chisco de falta de gañas de entender.
mardi 25 juillet 2006
OS PREMIOS IMPORTANTES E OS QUE NON O SON
Disque un dos nosos grandes concorreu cunha novela ao Premio de Relatos por Entregas da Voz. Desta volta non foi finalista. Este comentario non pasa de ser unha apreciación porque o seu nome queda reservado pola plica. Leo en excesivas ocasións que cando un gaña un galardón dos cinco economicamente grandes, non debe volver a presentarse a ningún outro que teña menor dotación. A maiores de ter unha visión monetaria da importancia dos premios, esta postura ofrece unha ollada limitada do que é unha carreira literaria, na que os galardóns... [Lire la suite]
vendredi 21 juillet 2006
COMPOSTELA BAIXO COMPOSTELA
Depois de cambiarmos a cociña na casa (de algo tiña que server a literatura),a miña filla Sara (tres anos daquela) chorou porque pensaba que a súa cociña estaba baixo a nova e quería levantar o piso. Onte, grazas a Lopo e a ese talento para o espectáculo que tan largamente lle envexo, informeime de que hai outra Compostela baixo a actual.
vendredi 14 juillet 2006
OCCHI DELL'ACQUA
O estupendo debut de Domingo Villar, Ollos de auga, será traducido ao italiano á volta do verán. A data de publicación é outra cuestión porque sabemos que Feltrinelli ten os dereitos e a intención, e non sabemos máis nada.
Canto á trama, eu sempre pensei que a realidade se inspira na fición.
Por certo, son pesado e volvo recomendarlles a biografía do fundador de Feltrinelli escrita polo seu fillo. Se queren descubrir por que carallo morreu un multimillonario porque lle estourou unha bomba coa que pretendía voar unha torreta... [Lire la suite]
jeudi 13 juillet 2006
A REMUDA DE SENÍN
Almorzo cunha mala nova. Traballou polo libro con larga eficacia e, sobre todo, con discrección.
mardi 11 juillet 2006
UPDIKE AGROMARÁ NA PRIMAVERA
Perdoen que teña o local tan desatendido, pero un atranco familiar tenme moi enleado nestes días. Regreso para compartir con vostedes a miña ledicia de que vaiamos ter a Updike en galego, segundo se adiantou hai días. Será na vindeira primavera. Aínda teño pendente a última do vindeiro Premio Nobel, cando xa se nos anuncia esta; por riba en galego. A partires do sábado empezo as vacacións e metereime con ese libro que me quedara agochado entre as botellas do cabaret e algúns outros.
vendredi 7 juillet 2006
ULIXES
Otero Pedrayo estaría contento. As probas de tradución de Ulysses van a bo ritmo. No equipo andan Eva Almazán, que demostrou a súa calidade con Brooklyn Follies, e sobre o traballo neste eido de Xavier Queipo non hai dúbida.