mardi 15 août 2006
GÜNTER VENDE OS RESTOS DA CEBOLA
Günter Grass é tan bo escritor como publicista. Non hai outro xeito de entender que un autor que escribiu tantas autobiografías parciais nas súas novelas, agochara este dato determinante, reservándoo para a presentación da súa autobiografía integral, Pelando a cebola.
mardi 15 août 2006
CORREDORES NEGROS
O Cabaret Voltaire reabre hoxe despois dun mes de estadía do hostaleiro no balneario de Baden-Baden. As miñas ocupacións deste tempo, escasas, mais largacías, supuxeron atrancos serios para ler. Con todo, dei gozado de Corredores de sombra de Agustíin Fernández Paz. Collín a obra con escasa gaña porque todo este revival literario sobre a colleita do 36 fai que concorde con Teresa Moure, quen hiperbolizaba bromeando a verdade de que hai que prohibir as novelas sobre a contienda. Tamén sobre a espeluznante represión posterior,... [Lire la suite]