jeudi 17 août 2006
UNHA MALA CRÍTICA
Descubro tarde e por casualidade unha mala crítica de Cabaret Voltaire en La Cueva de Zaratustra. A crítica é mala porque a miña novela non lle gustou un carallo ao seu autor, Manuel Rodríguez Alonso; eu non vou chistar porque teño que asumilo. A crítica é mala por un segundo motivo, porque resulta pretenciosa, malia que estea feita por unha persoa que semella ter un certo coñecemento de novelística e abondo de lingua. O problema de base do seu comentario é decidir (ignoro con qué xustificación) que eu pretendín facer unha novela de... [Lire la suite]