Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 août 2006

APARTAMENTOS

O hotel no que o meu espía de Cabaret Voltaire acorda desorientado, La Ferrocarrilana, vai ser descuartizado en apartamentos. O Hotel Lamas (logo Ribanova), no que tamén entra o protagonista cando se cre axente ruso, foi reconvertido en pub neónico hai anos. Mágoa que os dous hoteis históricos da vila rematen así. Aínda que, se a mi me desen unha pasta e un apartamento, faría o mesmo. Unha loita dunha maior dimensión que esta, que soamente abrangue a miña morriña, é a que impulsa Julian Barnes, quen intenta tirar das gadoupas reformistas a casa de Cadem Town na que Rimbaud e Verlain fornicaron, beberon e se mancaron durante tres meses de 1873.

Publicité
Publicité
Commentaires
F
É vostede un sentimental. Merque un deses novos apartamentos que se levantaran no solar da Ferrocarrilana e deixe de tirar os cartos en alugueres.
Répondre
J
Vostede sempre me desborda cos seus britishcoñecementos, señor Fraga. Grazas pola achega.
Répondre
X
A de Camden non é a única causa literaria na que que anda Barnes:<br /> <br /> http://books.guardian.co.uk/news/articles/0,,1815763,00.html<br /> <br /> Saúdos
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité