jeudi 24 août 2006

PELEMOS A CEBOLA

Penso (e practico) que esta política de moitos escritores e xornalistas deste país de imporse a si mesmos a necesidade de afirmar que todos os libros galegos que len (mesmo os que non leron) son estupendos é negativa para o SLN. Ante tanta marabilla, a credibilidade lisca. Os conflitos, as polémicas, dan folgos. E se non que llo pregunten a Günter, que xa colocou 150.000 exemplares e ten na imprenta outros 100.000.
Posté par Jaureguizar à 22:28 - Commentaires [8] - Permalien [#]