Un dos temas que máis están debatendo no SLN é o das razóns de Caneiro para escribir artigos en español. No Foro das Arroutadas hai unha resposta asinada co nome de Xosé Carlos Caneiro. Ignoro se é o escritor ou un apócrifo (como cómpre pensar polas últimas frases). Vou reproducila polo seu interese:

"Amigos meus todos, andades a alporizaros por que escribo unha columna en español. Quero puntualizar o seguinte:
- Eu antes escribia na "VOZ " de valde, e Santiago Rei, que é tan gelego como calquera, propuxome unha columna a maiories cobrando se a escribía en español.
- Eu aceptei. O español e tamén o meu idioma. Amais do galego so veño atopando insultos e incomprensión, porqué non probar, se eu me debo só a miña arte?
- Así que falade e falade, canto mais faledes, mellor prensa teño entre os españois, e mais negocio, vos sodes todos uns mortos de fame.
- Meu arte ten que ser coñecido por todos....basta xa de tanto talibanismo!
Caneiro, só hai un escriba no idioma que escriba, e os meus admiradores, que son mais dos que pensades comprendenme e están a merdrar dia a dia.
Nada mais. Pensade que eu non podo pasar sen ser recoñecido."