jeudi 31 août 2006
CANEIRO (¿A?) EXPLÍCASE
Un dos temas que máis están debatendo no SLN é o das razóns de Caneiro para escribir artigos en español. No Foro das Arroutadas hai unha resposta asinada co nome de Xosé Carlos Caneiro. Ignoro se é o escritor ou un apócrifo (como cómpre pensar polas últimas frases). Vou reproducila polo seu interese:
"Amigos meus todos, andades a alporizaros por que escribo unha columna en español. Quero puntualizar o seguinte: - Eu antes escribia na "VOZ " de valde, e Santiago Rei, que é tan gelego como calquera, propuxome unha... [Lire la suite]
mercredi 30 août 2006
FINOU MAHFUZ
ou Mahfús, que advirte Pawley, mais na prensa do seu país nin se nota. Son as 17.25 do serán e soamente un dos principais xornais de Exipto semella interesado. Agardo que o Al-Ahram, o semanario, no que colabouraba, e ultimamente falaba, lle dedique o vindeiro número.
lundi 28 août 2006
A RENTRIÑA
A Reentrée vén este ano con 683 novidades, vinte máis co ano pasado. A Rentriña vainos traer medio cento. A cifra non está mal se comparamos o tamaño do noso país e o de Francia. O malo que a expectación, que non depende de poboación ninde riqueza, é infinitamente menor.
vendredi 25 août 2006
XESÚS E XIÁN
O maior experto nacional en literatura inglesa conseguiu entrevistar a Julian Barnes. Foi no terceiro intento, o que di moito da tenacidade do xornalista. Supoño que desta volta influiría o feito de sexa o tradutor para o galego da nova obra de Barnes. O propio periodista anunciaba hai días que Rinoceronte tirará o libro o vindeiro día 15.
jeudi 24 août 2006
PELEMOS A CEBOLA
Penso (e practico) que esta política de moitos escritores e xornalistas deste país de imporse a si mesmos a necesidade de afirmar que todos os libros galegos que len (mesmo os que non leron) son estupendos é negativa para o SLN. Ante tanta marabilla, a credibilidade lisca. Os conflitos, as polémicas, dan folgos. E se non que llo pregunten a Günter, que xa colocou 150.000 exemplares e ten na imprenta outros 100.000.
mercredi 23 août 2006
EXPIACIÓN
O equipo de rodaxe de Atonement traballa estes días nunha praia do norte de Inglaterra. A novela na que se basea aburriume e deixeina a medio camiño.
mardi 22 août 2006
TENTACIÓN
O editor de Caballo de Troya, Constantino Bértolo, presentaba hai tempo Manual de literatura para caníbales e acertou lendo fragmentos de futuribles críticas que poderían asinar os críticos Sanz Villanueva, Senabre e García Posada imitando o seu estilo. Sempre que me informo destas chanzas dánme gañas de imitalas.
lundi 21 août 2006
OS SUCOS DE FERNÁNDEZ PAZ
Agustín Fernández Paz prepara un volume de contos para o 2007. Sucos de bágoas será un feixe de contos sobre amor e desamor. O título foi tirado de 2046: "Todas as nosas lembranzas son sucos de bágoas".
vendredi 18 août 2006
APARTAMENTOS
O hotel no que o meu espía de Cabaret Voltaire acorda desorientado, La Ferrocarrilana, vai ser descuartizado en apartamentos. O Hotel Lamas (logo Ribanova), no que tamén entra o protagonista cando se cre axente ruso, foi reconvertido en pub neónico hai anos. Mágoa que os dous hoteis históricos da vila rematen así. Aínda que, se a mi me desen unha pasta e un apartamento, faría o mesmo. Unha loita dunha maior dimensión que esta, que soamente abrangue a miña morriña, é a que impulsa Julian Barnes, quen intenta tirar das gadoupas... [Lire la suite]
jeudi 17 août 2006
UNHA MALA CRÍTICA
Descubro tarde e por casualidade unha mala crítica de Cabaret Voltaire en La Cueva de Zaratustra. A crítica é mala porque a miña novela non lle gustou un carallo ao seu autor, Manuel Rodríguez Alonso; eu non vou chistar porque teño que asumilo. A crítica é mala por un segundo motivo, porque resulta pretenciosa, malia que estea feita por unha persoa que semella ter un certo coñecemento de novelística e abondo de lingua. O problema de base do seu comentario é decidir (ignoro con qué xustificación) que eu pretendín facer unha novela de... [Lire la suite]