Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
4 septembre 2006

CAZADORES

Dende que a peza ficou batida, abondan os cazadores dispostos a facerse unha foto apoiando o rifle nunha coxa e pé na presa. Eu lembro que hai pouco máis dun ano eran poucos quen disparaban.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Leituga, o seu razoamento seméllame convincente. Non sabía o de G. Tosar. Eu tamén confío en que non pase dun susto.
Répondre
L
Non entendo as razóns destes últimos comentarios de Yoli sobre o PEN CLube e os seus, seica, "silenciosos cordeiros" (sic). "Que cada un poña os nomes", di Yoli. Non, os nomes debe poñelos vostede, que é quen fai a acusación. Do contrario, o que vostede está facendo é iso que habitualmente se define como "tirar a pedra e esconder a man". Un hábito moi feo.<br /> Eu sei que hai xente dada a etiquetar como "conservador" a calquera club, asociación, ente ou grupo que non estea facendo cada dous pòr tres proclamas pola independencia de Galicia e a implantación do comunismo. Aínda así, creo que merece a pena facer un pequeno esforzo para manexar mellor os adxectivos. Non se pode, por exemplo, confundir "conservador" con "plural". E o PEN Club de galicia é, sobre todo, unha asociación plural. Certamente, o seu presidente, Luís González Tosar (un pouco tocado da ala ultimamente por mor dun infarto do que afortunadamente se vai recuperando), pode ser catalogado, un pouco superficialmente e aínda a risco de non ser moi precisos, como "conservador". ¿Pero ten algunha lóxica aplicarlle ese calificativo aos demais membros da directiva do PEN? Bieito Iglesias, Marilar Aleixandre, Helena Villar, Modesto Fraga... Por non falar dalgúns dos máis conspicuos membros do PEN Clube: Méndez Ferrín, Víctor Freixanes, Pousa Antelo, Fernán Vello, Anxo Angueira, Gonzalo Navaza, X.R. Pena, Dobao, Camilo Franco, Basilio Losada... Conservador, conservador... só se me vén á cabeza Alfredo Conde. Pero, como é comprobable, no PEN hai xente politicamente moi variada, dende líderes da FPG ata simpatizantes ou colaboradores do PP, pasando por bloqueiros (moitos), PSOEs (uns cantos) e mesmo EUs. ¡Atá masóns hai no PEN! ¡E incluso católicos! E, por suposto, ateos. O único que eiva neste sentido o pluralismo do PEN é a absoluta ausencia, polo momento, de escritores musulmáns ou mahometanos.<br /> As insinuacións, cando non se apoian en ningunha base sólida, corren o risco de converterse en insidias. E como neste mundo cultural galego xa vamos un pouco farto de insidias (polo menos eu), é polo que, sen ánimo de polémica e só cunha pizquiña de acritude, poño aquí este comentario.
Répondre
Y
Quixen dicir o Pen Clube,claro. E que cadaquén poña os nomes. Case todo o persoal dese clube entra no capítulo de silenciosos cordeiros da era Fraga que agora sacan á luz o seu pasado revolucionario. E perseguen como posesos nos actos a Anxela B.
Répondre
Y
Valga como exemplo @s que comen no pesebre do endogámico e conservador pen clune
Répondre
J
Estou un chisco canso de que me chamen bocapodre por non evitarme os nomes. Desta volta, permítanme que o faga, X. Se vostede seguiu a prensa e a radio en días pasados, puido escoitar a numerosos intelectuais (dos que non dependen profesionalmente da Xunta) erguendo o ton contra Fraga agora que perdeu o poder, cando pasaron 16 anos de silencio subvencionado.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité