Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 septembre 2006

FÍOS ESCARLATA

O pasado venres ía dende a Lugo a Ribadeo pola estrada da Meira a medianoite. A lúa alumeaba con intención. No alto do Marco de Álvare albisquei un pivote de bandas laranxas e brancas na beiravía. Tras del, un Nissan coas luces acesas. Dous chaleques de intensidade verde fuorescente estaban fóra. Un deles movía os brazos sobre a raia discontinua para ordear a circulación e o outro informaba pola radio. Os condutores amainaban a presión sobre o acelerador e miraban. Un garañón estaba deitado sobre o asfalto. O seu ventre marrón inchara. Fíos escarlata manchábanlle os fuciños por vez derradeira.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Cesare, estouno pensando, mais non o vou dicir

Almiral, as novas son sempre benvidas nesta casa.
Répondre
C
Ía dicirlle que é un post fabuloso, pero vai pensar que é un auto-afago. ;)
Répondre
A
Señor Jaureguizar, como eu non teño blog nin nada diso, voume tomar a liberdade de acollerme á súa hospitalidade para facer hoxe, desde aquí, unha emocionada lembranza de Manuel María.

Grazas por abrirme as portas.

O seu amigo,

Almiral
Répondre
F
Carafio!!! un chisco da nova literacidade electrónica da que tanto fala Brétemas neste bar. Estou marabillado meu benquerido dono do bar.
Répondre
J
Todo un afago, Brautigan; mais xa me gustaría a min escribir comentarios como os de Cesare. 'As túas balas' ten unha espontaneidade inimitable.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité