Os finalistas do the Man Booker Prize coñecéronse hoxe. Confeso que este ano ando perdido. De quitada Sarah Waters non coñezo a ningún deles. Nestes casos, o correcto é pedir axuda a algún inglés.
Commentaires sur MAN BOOKER PRIZE
- Vixía, repítome, claro. De quitado Xesús Fraga,non sei de ninguén que escriba en galego e que estea tan ao día do que acontece literariamente na Gran Bretaña, menos de alguén que se preste a comentalo nestas mesas de mármore. Mentres intento recuperarme da súa falta de acritude, agardo entusiasmado a poder ler a entrevista de Fraga a Julian Barnes. Sobre os favores que eu lle deba a el ou a miña habelencia no uso do xabrón debería preocuparse menos: dar tanta voltas á cabeciña acaba por provocar migrañas.
- Valla a súaComo aínda non me alteran o sentido as migrañas, entendo que cada un acaba por aconsellarse con que ten máis da man e iso, por suposto, é razoable e esperable. Pero, claro, tal feito non xustifica nin as túas hipérboles nin o descoñecemento doutros moitos e moitas profesionais que traballan nese mesmo eido en Galicia. Xa sabes, para vestir un santo non fai falta desvestir outros.
Ademais, que no fondo estamos de acordo e ambos apreciamos o bo labor de X. Fraga, así que soamente me gustaría que comprendeses que os superlativos absolutos hai que manexalos con cautela, cousa que, por suposto, senón che peta facer es moi libre de obviar, pero entón non te estrañes de que os demais pensemos que ás veces es desmedido.
Máis nada, un saúdo novamente sen acritude. - Creo que é unha lista curiosa e, aínda que Sarah Waters é a favorita, as sorpresas son moi posibles (de feito, os bookmakers din que é a mellor lista posible dende o punto de vista das apostas). Polo que me contaron algúns amigos ben informados, as sorpresas poderían vir de St Aubyn e Desai. A ver. Non lles lin nada aos finalistas (a Mitchell, si, o gran damnificado desta edición) pero é interesante ver esta grande proporción que acadou a literatura das ex colonias ou ubicada en escenarios máis ou menos exóticos. E, polo que se ve, teño un parentesco literario con Hisham Matar
A entrevista con Barnes poderá lerse mañá. Un saúdo. - Vixía, xa o teño comentado en máis ocasións, pero reitero: recoñezo que son desmedido, recoñezo que debería facer borradores dos meus comentarios e das miñas contestacións para medilos antes de publicalos. Máis sería aburridísimo... Quero dicir que na rede hai moitos outros lugares para discutir ou concordar con mesura e sentidiño sobre literatura galega, pero iso provoca que o noso SLN sexa tan sonmoliento e tan de palmada nas costas. Neste local gustamos da hipérbole, de meterlle paixón e espectáculo á literatura. Non creo que teña nada de malo mentres non nos manquemos. Espero non telo feito con vostede.
- Non se entende... quen non quereAínda que moitas veces discrepemos, que é o normal e aínda diría eu que o saudable, resulta imprescindible que os que no fondo amamos as mesmas cousas (unha lingua vella, unha literatura que é unha illa de soños na que refuxiarse da desolación, un reino que é máis grande nos corazóns que nos mapa, o papel con tinta e os versos que viven ese tempo estraño no que se funden o pasado o futuro e o presente)fagamos canto estea na nosa man para non enfadarnos por cousas que non merecen a pena.
Alégrame, amigos, que dialoguen afectuosa e abertamente. Non se pode esperar menos de xente tan intelixente.
Almiral Mouchez
Nouveau commentaire
Saúdos, sen acritude.