Félix Fernández cóntanos de xeito abraiante a fin de festa de Europa, o momento ese dos guateques nos que todo o que queda é o cheiro a cervexa e fragmentos de confetis esparecidos polo chan. A instalación Festa Branca é xenial, con esas bolas de espellos rotas e cos Chemical Brothers laiando o seu I need to believe. A colección de fotos é espectacular e a instalación da cama seméllame esgotada e reiterativa.
Commentaires sur FIN DE FESTA
- Se escribes "os Chemical Brothers laiando o seu I need to believe" cóntasnos que nunca estiveches nunha parecida, Jaure. Iso non é bo nin malo -ondelavai que os Chemical deixaron de ser referente bacanal-, pero é como ver a un siñor de boa ou mala enruga vestido como pra ir a unha festaza con cristal e ketamina. Un pode disfrazarse para parecer moso, pero ser modelno é outra cousa. Don´t you think so?
Nouveau commentaire