lundi 18 septembre 2006

FIN DE FESTA

Félix Fernández cóntanos de xeito abraiante a fin de festa de Europa, o momento ese dos guateques nos que todo o que queda é o cheiro a cervexa e fragmentos de confetis esparecidos polo chan. A instalación Festa Branca é xenial, con esas bolas de espellos rotas e cos Chemical Brothers laiando o seu I need to believe. A colección de fotos é espectacular e a instalación da cama seméllame esgotada e reiterativa.
Posté par Jaureguizar à 11:04 - Commentaires [1] - Permalien [#]