Mario Onaindia protagoniza un documental que andan botando estes días. Mario Onaindia andou no que alí chaman a ETA Zarra porque alí distinguen aquela ETA da ETA Berri. A ETA Vella, idealista e aparvada, era quen de organizar un macroatentado cos seus militantes alugando pisos con DNIs reais (hai que ler o libro no que a filla de Carrero denuncia a permisividade) ten pouca natureza en común coa ETA Nova, profesional e inhumana. Escoito que o -ista Jon Juaristi di que Onaindia era o que mellor escribía en euskara, logo escoito que escribía a fervenza porque tiña demasiadas cousas que contar. Eu linlle a primeira parte da vida de corrido (son seiscentas páxinas). Apaixoante, aínda que aguadas en certos anos. Abro logo a carpeta co mercado de futuros no meu ordenador e conto ata catro argumentos para senllas novelas preparados para seren desenvolvidos. Sorte dos que temen ao folio en branco. Eu temo á falta de tempo para contar tantas cousas. Levo unha semana de parón nunha novela que avanzou trece folios, terei que onaindizarme un chisco máis.
Commentaires sur O FOLIO EN NEGRO
- Jon JuaristiJon Juaristi, á marxe de calquera consideración ideolóxica que un poida compartir ou non, é un magnífico poeta e un extraordinario ensaísta. Vostedes, sen dúbida, coñecerán moito mellor ca min a literatura basca (e case todas as literaturas), pero modestamente penso que poucos autores saben tanto coma el daqueles séculos que, no caso no euscara (para eles finais do XVII, moito o XVIII, gran parte do XIX), non foron tan escuros coma os da creación en lingua galega, e nos que foron agromando textos -moitos deles, por certo, de carácter relixioso- de indubidable interese...
(Sen que isto que digo vaia en detrimento, faltaría máis, da inmensa sapiencia do meu moi amigo o profesor Jon Kortázar, no seu día o catedrático máis novo de todas as universidades españolas)
Que teñan moi boa tarde.
ALMIRAL MOUCHEZ - Biskaitarra, pero cada vez menosA miña vila de infancia é Ribadeo. Nacín no Botxo porque a miña nai é de alí (o meu pai de Bermio), así que a miñas referencias infantís de Euskadi son dos quince días que pasaba en Bilbao ao ano en Nadal. Agora hai unha década que este estranxeiro non vai pola súa cidade natal. Imperdonable... non fai falta que mo diga.
Nouveau commentaire
Es tremendo ver cómo se puede poner un nombre real a cada uno de los personajes, cómo conocemos a todos.