jeudi 28 septembre 2006
OS MORTOS NON VAN A NINGURES
Son incapaz de decidir que me sorprendeu máis: que unha produtora do século XXI suspenda a rodaxe dunha película no quinto día ou que un dos actores proteste na rolda de prensa para informar.
mercredi 27 septembre 2006
UNHA CABANA NA LÚA
Unha miña novela, Unha cabana na Lúa, quedou de finalista.
mercredi 27 septembre 2006
A EUROPA ASPIRANTE
A situación é para rir a gargalladas, senón fose porque aconteceu. Primeiro foi Orham Pamuk, agora Elif Sharak e falta Ipek Caliscar. Menos mal que non poden atrapar a Atom Egoyan. Non dubido de que non han tardar en escoitárense os nosos berros alporizados.
samedi 23 septembre 2006
A TERCEIRA VÍA
Estou entusiasmado con que teñamos unha terceira vía que funcione comercialmente fóra. Ela está rachando con eses duettos de traducións que nos consinten en España ás literaturas de provincias. A novela é orixinal (aínda que estea mellor erixida a primeira) e ten un discurso que debe levala lonxe.
samedi 23 septembre 2006
PREGÓN
O problema non é tanto de lingua, que tamén, como de méritos. ¿Cales son os seus? ¿Ser ex guionista das Mamma Ciccio? ¿Acertar cando casou?
mardi 19 septembre 2006
O FOLIO EN NEGRO
Mario Onaindia protagoniza un documental que andan botando estes días. Mario Onaindia andou no que alí chaman a ETA Zarra porque alí distinguen aquela ETA da ETA Berri. A ETA Vella, idealista e aparvada, era quen de organizar un macroatentado cos seus militantes alugando pisos con DNIs reais (hai que ler o libro no que a filla de Carrero denuncia a permisividade) ten pouca natureza en común coa ETA Nova, profesional e inhumana. Escoito que o -ista Jon Juaristi di que Onaindia era o que mellor escribía en euskara, logo escoito que... [Lire la suite]
lundi 18 septembre 2006
FIN DE FESTA
Félix Fernández cóntanos de xeito abraiante a fin de festa de Europa, o momento ese dos guateques nos que todo o que queda é o cheiro a cervexa e fragmentos de confetis esparecidos polo chan. A instalación Festa Branca é xenial, con esas bolas de espellos rotas e cos Chemical Brothers laiando o seu I need to believe. A colección de fotos é espectacular e a instalación da cama seméllame esgotada e reiterativa.
dimanche 17 septembre 2006
MASTERS DO UNIVERSO
Max Gallo conta na súa biografía de Napoleón que este estaba nacendo cando o exército francés entrou en Ajaccio. O protagonista de Anxos do Universo, é parido cando o seu país ingresa na OTAN. Laxness tense ocupado da polémica que se xerou entre os antinorteamericanos e os que temían unha volta dos daneses. Anxos do universo amosa a vida dun tolo dende que nace ata que morre afectado. A novela avanza a choutos, para adiante e para atrás, tal e como funcionan as lembanzas. Ten momentos surrealistamente divertidos, como a escea no... [Lire la suite]
jeudi 14 septembre 2006
MAN BOOKER PRIZE
Os finalistas do the Man Booker Prize coñecéronse hoxe. Confeso que este ano ando perdido. De quitada Sarah Waters non coñezo a ningún deles. Nestes casos, o correcto é pedir axuda a algún inglés.
mercredi 13 septembre 2006
PROPAGANDA
Un tío meu era candidato ao Senado español e pediume que repartise propaganda por Ribadeo adiante. Escribo que me pediu porque o meu tío estivera en Guinea dirixindo fatos de negros na selva. Eu tiña 15 ou 16 anos e fíxeno. Mais non se ocorrería xustificar unha culpa da que non son culpable alegando que non atopei as palabras para contalo. Tamén é certo que non podo presumir de partillar un campo de concentración cun cura. Como moito, amolei a unha monxa. Poucos días despois acudín a clase cunha pegatina na camisa e unha relixiosa... [Lire la suite]