mardi 12 septembre 2006

LUCÍA E O PLAXIO

Coñecín a Lucía uns meses antes de publicar o seu éxito. Foi en Lugo, era moza dun amigo meu. Faloume tan ben sobre min que me puxen roibo. Os seus pais e o meu son do mesmo porto. Logo cadroume estar con ela cando lle deron o premio; bailaba desbocadamente bébeda mentres a súa parella tiraba polas bridas. Nunha terceira volta visiteina nunha caseta. Unha muller complexa, contraditoria; inestable, xenerosa, caprichosa, amable, oceanicamente culta, soberbiamente intelixente. Por iso me sorprende. E non.
Posté par Jaureguizar à 00:06 - Commentaires [7] - Permalien [#]

jeudi 7 septembre 2006

FÍOS ESCARLATA

O pasado venres ía dende a Lugo a Ribadeo pola estrada da Meira a medianoite. A lúa alumeaba con intención. No alto do Marco de Álvare albisquei un pivote de bandas laranxas e brancas na beiravía. Tras del, un Nissan coas luces acesas. Dous chaleques de intensidade verde fuorescente estaban fóra. Un deles movía os brazos sobre a raia discontinua para ordear a circulación e o outro informaba pola radio. Os condutores amainaban a presión sobre o acelerador e miraban. Un garañón estaba deitado sobre o asfalto. O seu ventre marrón... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:35 - Commentaires [8] - Permalien [#]
mercredi 6 septembre 2006

LITERATURA PARA ADULTOS

Un amigo que escribe LIX pide que lles reproduza a miña opinión sobre a negación do xénero.
Posté par Jaureguizar à 11:57 - Commentaires [7] - Permalien [#]
mercredi 6 septembre 2006

MÁIS DIFÍCIL AÍNDA

Os circos morren porque o espectáculo,o exceso, a provocación, o monstroso e o sexo explícito rematan tamén asimilados.
Posté par Jaureguizar à 11:53 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 4 septembre 2006

CAZADORES

Dende que a peza ficou batida, abondan os cazadores dispostos a facerse unha foto apoiando o rifle nunha coxa e pé na presa. Eu lembro que hai pouco máis dun ano eran poucos quen disparaban.
Posté par Jaureguizar à 23:55 - Commentaires [12] - Permalien [#]
lundi 4 septembre 2006

CURIOSIDADE

Algúns boureantes andan por aí escribindo que cada hai menos clientes no Cabaret Voltaire. Eu tiven curiosidade.
Posté par Jaureguizar à 23:37 - Commentaires [9] - Permalien [#]