mardi 10 octobre 2006

DOCE

A pícara ten 24 horas. Naceu ás 16.00 de onte de parto natural en Vigo, na mesma clínica que a maioría dos seus irmáns. Atópase ben de saúde. Para os curiosos direi que pesa 220 gramos e mide 21 centímetros de alta. Conto que os interesados poidan visitala a semana que vén. Xa van doce, mais a miña ilusión mantén a súa intensidade.
Posté par Jaureguizar à 15:49 - Commentaires [13] - Permalien [#]