Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 octobre 2006

A PISCINA DOS NOBEL

Hai un clamor popular enxordecedor para que me guinde á piscina, así puxen o traxe de baño Palomares Coast e alá vou. Se había auga ou non saberémolo á 13.00 de hoxe, dentro de case que trece horas. Hai dous favoritos claros, o que é contraproducente no caso da RAG sueca. Son o turco Pamuk e o israelí Amos Oz: os dous procuran o achegamento entre Occidente e o Islam, os dous tratan de empatar a esquizofrenia relixioso-económico-social das súas sociedades. Podería ser; quizáis máis Pamuk, que vén de publicar un libro que custa pechar para adiar a lectura. O seu problema é a idade, o mesmo co de Murakami, son demasiado novos para tal consagración. O xaponés non ten, por outra banda, outra baza ca da súa popularidade en todo o mundo e ser xaponés. ¿Cal foi o último Nobel nipón? ¿Kawabata? (Non me apetece pinchar o Google). Pero Murakami non fala de conflitos colectivos, senón dos inviduais, e para gañar o Nobel hai que escribir sobre o colectivo enfrontado e buscarlle solucións, que os suecos teñen alma intermediaria. Por iso nunca o gañará Handke, malia merecelo. ¿Ryszard Kapuscinski? ¿Un periodista, Premio Nobel de Literatura? Pois case que vexo máis cerca a Bob Dylan, tan proposto. De Adonis non opino, que non sei nin quen é. O mesmo digo da arxelina Assia Djeba. Joyce Carol Oates é unha opción atractiva: é muller, con prestixio e ten discurso. ¿John Updike? É un dos mellores escritores vivos; tecnicamente maxistral. ¿Pero terán a desvergoña de sinalarlle que se lle acaba o respirar premiándoo? Non me estrañaría. ¿Paul Auster? ¡Hui! Vende libros de máis. ¿Philip Roth? O seu perfil vai moi parello ao de Harold Pinter: ironicamente salvaxe. Xa houbo un o ano pasado. ¿Don de Lillo? ¿Un novelista de xénero negro? ¿Estamos de coña?  John Ashbery e Charles Bernstein non sei quen son.  Ao checo Milan Kundera e  Vargas Llosa pasoulles a onda da fama e xa non os van recuperar en Estocolmo; algo moi semellante que o que acontece con Antonio Lobo Antunes. O portugués, a maiores, devece tanto por telo e o disimula tan pouco que nin o van considerar. Nin Carlos Fuentes nin Juan Goytisolo dan a talla. En escandinalandia soan a danesa Inger Christensen ou os suecos Tomas Transtroemer e Willy Kyrklund. Nin idea.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Syldavija, o do tradutor é extravagante certamente. Canto ás afirmacións de Pamuk sobre a diversificación de vendas, considero que dixo o que pensaba e o pensan todos os escritores traducidos e o que pensamos os que aspiramos a ser traducidos. Teña en conta que ser escritor é a súa profesión e, cando alguén vive de algo, tíralle o engado e o imaxinario e bota contas.
Répondre
J
¡Ostras! Leva razón, Gustavo. Perdoe o despiste.
Répondre
S
ao carón de Vargas Llosa, na feira do libro de Budapest no 2003 é un santo....<br /> Eu espero que Vargas Llosa non reciba o premio simplesmente por aquel incidente que un día lles contarei.
Répondre
S
Home, chegou Pamuk a mesa redonda co seu tradutor. E resulta que falou en inglés... Non sei que lle parecer a vostedes, pero certamente que o teu tradutor "do turco" fale contigo en inglés...<br /> Alén diso, en certo momento, comentou sobre que as súas obras estean traducidas a 32 linguas que agradáballe saber que vendía ben. Se é un escritor considerado halo entre oriente e occidente, coido que merecía máis precisión sobre a diversidade. <br /> Non sei, coido que a tradución debería ser vista como medio de recoñecemento internacional, non como xeito de diversificación de vendas.<br /> Causoume una impresión má. Igual sonlles moi especial....
Répondre
G
O ultimo nobel xapones foi Kenzaburo Oe, amigo jaureguizar
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité