lundi 16 octobre 2006

A BOUZA ANIMADA

A elección desta fin de semana aledoume. Semella que vai haber un maior compromiso de cara á utopía de termos un cine nacional. Da actitude do anterior cara á cultura de nós eu desconfiaba. Entrevisteino unha volta tras unha charla sobre o sector audiovisual que deu a uns rapaces. Tras presentarme, preguntei: -¿Podería comentarme que visión do audiovisual deu aos rapaces? -Bueno, hablamos en lo que tú quieras -contestou-. En gallego, en castellano. A mí me da igual, ¿eh? -Ben -proseguín soprendido-, ¿podería comentarme que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:50 - Commentaires [7] - Permalien [#]