"A arte é inútil, polo menos comparado con, digamos, o traballo dun fontaneiro, un médico ou un maquinista. Pero ¿que ten de malo a inutilidade? ¿Seica a falta de sentido práctico supón que os libros, os cadros e os cuartetos de corda son unha pura e simple perda de tempo? Moitos cren iso. Pero eu sosteño que o valor da arte reside na súa mesma inutilidade; que a creación dunha obra de arte é o que nos distingue das demais criaturas que poboan este planeta, e o que nos define, no esencial, como seres humanos. Facer algo por puro pracer, pola graza de facelo. Pénsese no esforzo que supón, nas longas horas de práctica e disciplina que se necesitan para ser un consumado pianista ou bailarín. Todo ese traballo e sufrimento, os sacrificios realizados para lograr algo que é total e absolutamente inútil".

"A novela é unha colaboración a partes iguais entre o escritor e o lector, e constitúe o único lugar do mundo onde dous estraños poden atoparse en condicións de absoluta intimidade".