Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 octobre 2006

MONOLINGUA

O meu xornal estatal favorito está narrando a campaña dun xeito entusiasmante e apuntando o papel que lles queda reservado aos xornais de idem: entrevistas diferentes (ás mulleres dos candidatos ou redactadas por un cociñeiro), moita opinión (que se vende na capa e atende a diversos niveis de interese lector: dende as análises fondas ás máis frívolas o surrealistas), debates amplos a tres bandas e Internet, blogs e enderezos de correos-e a cada folla que pasas para que participen os lectores. Pois iso, que un centenario está impartindo clases do periodismo que debería de ser. Dese xornal sempre me sorprendeu o xeito no que ningunea o catalá para publicar e, asemade, o defende en páxina si e outra tamén. Os seus colaboradores teñen asumido que é un medio en español e nindiós chista. Aquí, polo contrario, condeamos a quen se atreve co castelán, aínda que algúns agora penan condearan antes a outros. Por certo, o novo suplemento que se vai facer no país anda tentando a algúns monolingües/monolinguas e exisen un idioma nos que poidamos enterdernos todos (os que o entendemos) Agardemos novos ataques. Non serei eu quen critique a quen cruce á outra beira; as hipotecas, como o medo, son libres.

Publicité
Publicité
Commentaires
A
...tamén creo que as cousas importantes se construén sempre desde a xenerosidade.

Mire, se me permite unha confidencia, a miña relación co galego non foi unha opción: veu dada polas difíciles circunstancias dun neno que ao quedar sen nai (e na práctica tamén sen pai) con moi poucos anos, volve a un lugar no que non se falaba outra cousa.

Mais, así e todo, e a pesar de que o galego, coma quen di, chegou á miña vida sen necesidade de buscalo -e por tanto a miña relación con el non ten mérito ningún-, quéroo tanto, que non sei explicalo. Como diría o meu amigo Bernardo Atxaga, é a miña vida, o meu corazón.

Pero precisamente por iso, porque o galego é a única lingua na que lembro a voz de miña nai, e porque forma parte de min (ademais, pero non o vou cansar con iso, as persoas das miñas crenzas vivimos convencidas de que Deus lle falou ao Home cos Palabras do Home, de aí que lle deamos tanta importancia ás linguas das vernas, ao tempo que á Revelación, cada vez creo máis na necesidade de que os idiomas os naveguemos nun barco de afectos.

(Non sei se me explico, seguramente non...)

Teño grandes amigos, escritores galegos magníficos, que escriben en castelán. E creo que reivindicar a súa obra é moi importante. Porque a súa contribución á literatura española é inmensa. E porque aman moito a Galicia...

(E porque os quero moito, ademais)

Non sei, desculpe, meu querido amigo, creo que non me explico...

Grazas polo seu tempo.

ALMIRAL MOUCHEZ
Répondre
J
E, con todo, eu entendo que haxa escritores en galego que escriban en español buscando un mercado máis amplo. Non nego que parezan cándidos, porque o sistema literario español rexeita crearse máis competencia e soamente acepta a un ou dous simpático escritor de provincias con lingua de seu para dar unha imaxe progre. Tampouco nego que respecto a todo o que entendo mira como máis importante a súa hipoteca ca súa lingua.
Répondre
J
Almiral, eu discrepo da súa chamada á concordia. A lingua que se emprega non é unha cuestión inocente neste país. Todos padecemos algunha vez atrancos por usar o galego, logo non podemos pechar os ollos como se o problema non estivese diante de nós. Nun país normal, os escritores deben poder usar os idiomas que se falan nel con normalidade, pero Gz é un paisiño estraño no que aínda escribir ou falar na lingua de seu é complicado ás veces. Por iso, non entendo que teñamos que ser nós os que sempre comprendamos e cedamos para que non sermos simpáticos. Sen erguer a voz, teremos que reclamar o que nos é propio; digo eu. Eu creo que non se debe confundir sumar con multiplicarse por cero (que diría Burt Simpson) para que o resultado sexa unha suma.
Répondre
S
Á literatura española, por suposto. Ben sei que se é boa tamén á universal, como as obras escritas en galego.
Répondre
B
"a quen serve"?
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité