Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 octobre 2006

IMPREVISIBILIDADE

Sempre escoito falar da mesma cousa imprevisible. A súa virtude de ser caprichoso é algo que o adorna de emoción. Busquemos a emoción nos libros, logo. Entreguei algunhas das miñas novelas encadeando ilusións. Fracasaron como boamente deron feito. Hai outra caste de obras que enviei a editorial como un trámite para asegurar un coche: enchera as casillas todas para facelo correctamente, pero non lles daba atopado un público potencial. De feito houbo unha que foi arrincando a modo, despreguizándose. Tardou dous anos en chegar á devecida segunda edición. Logo colleu ritmo e vai a edición por ano. Dínme que xa venderon máis exemplares que no ano pasado desta altura.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
¿¿¿¿Non lla mandei???? ¡Glups! É esa, si. Vaille na dilixencia-correo da semana que vén.
Répondre
M
Déixeme que pense... "Salitre" non é esa novela que vostede me prometeu vai para un ano?

http://cabaretvoltaire.canalblog.com/archives/2005/12/14/1107689.html
Répondre
J
Línlle unha volta a Cortázar que publicar un libro era como disparar unha frecha, que había que deixala ir soa para que dese na diana. Cortázar estaba enganado: as frechas hai que levalas da man con promoción para que se craven no centro da diana. O outro, é perder o tempo escribindo.
Répondre
A
Meu querido amigo: Os libros, por sorte, andan o seu propio camiño.

Alégrome moito.

Parabéns.

ALMIRAL MOUCHEZ
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité