jeudi 26 octobre 2006

IMPREVISIBILIDADE

Sempre escoito falar da mesma cousa imprevisible. A súa virtude de ser caprichoso é algo que o adorna de emoción. Busquemos a emoción nos libros, logo. Entreguei algunhas das miñas novelas encadeando ilusións. Fracasaron como boamente deron feito. Hai outra caste de obras que enviei a editorial como un trámite para asegurar un coche: enchera as casillas todas para facelo correctamente, pero non lles daba atopado un público potencial. De feito houbo unha que foi arrincando a modo, despreguizándose. Tardou dous anos en chegar á devecida... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:40 - Commentaires [4] - Permalien [#]