Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 octobre 2006

XUSTIZA POÉTICA

O Tribunal de Xustiza da UE condenou hoxe ao Estado español por eximir a todas as bibliotecas públicas de cobrar un canon polo préstamo dos libros, o que segundo os xuíces vulnera a lexislación comunitaria de propiedade intelectual. Para o Tribunal, o EE "incumpriu" unha lexislación, que aínda que permite facer excepcións á obrigación de remunerar aos autores polos préstamos realizados nalgunhas categorías de establecementos públicos, non faculta a eximir a todas as bibliotecas públicas.
Con todo, "o feito de eximir a case todas, ou ata a todas as categorías de establecementos que efectúan tales préstamos privaría aos autores dunha remuneración que lles permitise amortizar os seus investimentos", polo que "vai en contra do obxectivo principal" da Directiva, indica a sentenza.
Así mesmo, o Tribunal desestima o argumento do Goberno español de que a Comisión Europea non demostrou que a exención ao cobro dun canon privaría aos autores duns ingresos suficientes e falsearía a competencia no mercado común. "O incumplimiento dunha obrigación imposta por unha norma de dereito comunitario supón en si mesmo incumplimiento e carece de pertinencia a consideración de que (o mesmo) non provocou consecuencias negativas", engade a sentenza.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Escritor Publica, ¿quedamos logo para facer piratería no supermercado? Eu vou ter tempo abondo agora que vou deixar a escrita para dedicarme ao cultivo de cocos no Caribe. Non estou disposto a traballar para o inglés.
Répondre
E
Está claro que a piratería favorece e favorecerá o livre curso da cultura no mundo.

O apropriamento da cultura, o todo o que isso conleva, nom é mais que a privatizaçom daqueles que ousam qualificar seu o que nunca endexamais foi.

Ningúm escritor debería cobrar por escrever. Quem queira ganhar quartos com a cultura, pois a vender cocos ao Caribe.

Desde fai já tempo que nom merco um só livro, disco ou filme.

Viva a piratería. Abaixo a especulaçom cultural!!
Répondre
J
Vólvolle a aperta. Confío en que o canon se cobre en breve, porque o goberno español leva anos sen darse por informado. De todos os xeitos, gañarei por unha banda e perderei por outra porque eu son usuario habitual da Biblioteca Provincial de Lugo
Répondre
I
Descoñecía que o tema xa fora tratado neste cabaret. Ben, agora é só cuestión de tempo que se comence a cobrar polo préstamo, así que felicítoo a vostede tanto como me laio por min. Unha aperta resignada.
Répondre
J
Iago, a sangue entoldou o río cando debatemos ese tema neste local. Eu son defensor do PPR, mais non pretendía furgar na ferida, soamente manifestar a miña ledicia de que Europa nos dea a razón.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité