Todo o que sei é o nome do gañador.
Commentaires sur PREMIO REPSOL YPF
- Almiral, eu falo sempre do que teño ó meu alcance. Lugo non lle é grande cousa. pero uns cantos periódicos podo ler con certa asiduidade, e xa digo que o que fun vendo en moitos deles -mellor iso ca nada- foi o extracto típico. pode que non mirara ben, por suposto.
de tódolos xeitos, paréceme que R-YPF podía face-lo que outros organizadores de premios bastante máis modestos en contía e impacto mediático, como é imprimir unhas bases e poñelas en lugares públicos (bibliotecas, algún pub), e sobre todo publicalas na propia páxina web, que ter, teñen máis dunha relacionada. - Como que Lugo non é grande cousa...?Lugo, meu que querido amigo Brautigan, é un dos lugares nos que eu querería estar agora...!!!
Unha marabilla...!!!
Quen me dera poder dar unha volta na muralla, entrar na catedral e ir ver o coro, pasear pola praza do Concello...!!!
(Hai moitos anos, sendo eu rapaz, había nesa praza un señor que era limpiabotas. Gustábame falar con el cando ía ata aí. Despois nunca o volvín ver)
Perdoen, vostede e todos, que un teña, ás veces, horas moi dadas á melancolía.
ALMIRAL MOUCHEZ
P.D. E do que me di, naturalmente, ten razón. Hai que facer que as cousas cheguen a todo o mundo.
(Vou seguir remando, ata logo) - a Almiral, con este retraso, aclárolle que cando dicía eu que Lugo era pouca cousa referíame a comunicacións, cultura, esas cousas. non sei se é paisano, pero é unha cidade que sobre todo gusta ós forasteiros.
Jaureguizar, agradézolle a suxerencia. pero non falei demasiado dos periódicos e, como viu, xa me informaron do meu despiste, algo común en min. pensaba un que o organizador dun premio debe preocuparse da súa difusión. non se lle pide que pendure un cartel xigante no alto da torre de Hércules, si que polo menos teña a ben publicalas, repito, na PROPIA páxina web, xa non en alleas. do contrario, poden da-la curiosa sensación de desinterese.
Nouveau commentaire
Miguel é un gran escritor, un gran xornalista e, o que é máis importante aínda, un gran tipo.
ALMIRAL MOUCHEZ