lundi 30 octobre 2006

AS PRÉSAS DA ETERNIDADE

O afago que máis me fixo abrir a cola ultimamente é que hai rapaces que teñen un meu libro como primeiro que lles gustou. A min, que adoito escribir literatura fugaz para institutos, desconcertoume esta falta de consideración para coa LIX. Xa llelo explicou Eyré, ¿se se escribe para a eternidade, a que veñen esas présas por ser recoñecido?
Posté par Jaureguizar à 23:22 - Commentaires [8] - Permalien [#]

dimanche 29 octobre 2006

DÍGANMO Á CARA

Sinto unha envexa gorda. A mín ninguén me dixo nunca á cara que eu non son escritor vasco. Outras tiveron esa sorte. Nacín onde nacín. Os meus pais son de onde son e eu me sinto como me sinto.
Posté par Jaureguizar à 10:16 - Commentaires [7] - Permalien [#]
vendredi 27 octobre 2006

PREMIO REPSOL YPF

Todo o que sei é o nome do gañador.
Posté par Jaureguizar à 14:12 - Commentaires [8] - Permalien [#]
vendredi 27 octobre 2006

¡MON DIEU!

A temporada francesa empieza premiando a un norteamericaine.
Posté par Jaureguizar à 00:35 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 27 octobre 2006

XUSTIZA POÉTICA

O Tribunal de Xustiza da UE condenou hoxe ao Estado español por eximir a todas as bibliotecas públicas de cobrar un canon polo préstamo dos libros, o que segundo os xuíces vulnera a lexislación comunitaria de propiedade intelectual. Para o Tribunal, o EE "incumpriu" unha lexislación, que aínda que permite facer excepcións á obrigación de remunerar aos autores polos préstamos realizados nalgunhas categorías de establecementos públicos, non faculta a eximir a todas as bibliotecas públicas.  Con todo, "o feito de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:28 - Commentaires [6] - Permalien [#]
vendredi 27 octobre 2006

O VIXÍA ENTRE O CENTEO

Fixo moito ruído para espantar os xabaríns. Disparou balas de fogueu que soaron bravas entre o centeo. Acabouselle a munición. Era visto.
Posté par Jaureguizar à 00:20 - Commentaires [11] - Permalien [#]

jeudi 26 octobre 2006

IMPREVISIBILIDADE

Sempre escoito falar da mesma cousa imprevisible. A súa virtude de ser caprichoso é algo que o adorna de emoción. Busquemos a emoción nos libros, logo. Entreguei algunhas das miñas novelas encadeando ilusións. Fracasaron como boamente deron feito. Hai outra caste de obras que enviei a editorial como un trámite para asegurar un coche: enchera as casillas todas para facelo correctamente, pero non lles daba atopado un público potencial. De feito houbo unha que foi arrincando a modo, despreguizándose. Tardou dous anos en chegar á devecida... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:40 - Commentaires [4] - Permalien [#]
dimanche 22 octobre 2006

MONOLINGUA

O meu xornal estatal favorito está narrando a campaña dun xeito entusiasmante e apuntando o papel que lles queda reservado aos xornais de idem: entrevistas diferentes (ás mulleres dos candidatos ou redactadas por un cociñeiro), moita opinión (que se vende na capa e atende a diversos niveis de interese lector: dende as análises fondas ás máis frívolas o surrealistas), debates amplos a tres bandas e Internet, blogs e enderezos de correos-e a cada folla que pasas para que participen os lectores. Pois iso, que un centenario está... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:19 - Commentaires [12] - Permalien [#]
samedi 21 octobre 2006

LIMITOME A SUSCRIBIR

"A arte é inútil, polo menos comparado con, digamos, o traballo dun fontaneiro, un médico ou un maquinista. Pero ¿que ten de malo a inutilidade? ¿Seica a falta de sentido práctico supón que os libros, os cadros e os cuartetos de corda son unha pura e simple perda de tempo? Moitos cren iso. Pero eu sosteño que o valor da arte reside na súa mesma inutilidade; que a creación dunha obra de arte é o que nos distingue das demais criaturas que poboan este planeta, e o que nos define, no esencial, como seres humanos. Facer algo por puro... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:42 - Commentaires [4] - Permalien [#]
jeudi 19 octobre 2006

O ESQUÍO NUN BURACO NEGRO

O Premio Esquío de Poesía na modalidade de galego caeu nun buraco negro. Durante un breve salto espazo/temporal non se puido facer público o nome da persoa gañadora, que foi Luz Pichel, residente en Alcobendas, por Casa pechada. O que aconteceu é que o xurado rematou a súa deliberación e abriu a prica, pero non quedou gardada doutra volta no sobre. O despiste é comprensible considerando o cheas que quedan as mesas dos xurados, pero o mal cuarto de hora non llelo saca ninguén aos organizadores. Houbo que localizala novamente e... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:44 - Commentaires [0] - Permalien [#]