lundi 16 octobre 2006

A BOUZA ANIMADA

A elección desta fin de semana aledoume. Semella que vai haber un maior compromiso de cara á utopía de termos un cine nacional. Da actitude do anterior cara á cultura de nós eu desconfiaba. Entrevisteino unha volta tras unha charla sobre o sector audiovisual que deu a uns rapaces. Tras presentarme, preguntei: -¿Podería comentarme que visión do audiovisual deu aos rapaces? -Bueno, hablamos en lo que tú quieras -contestou-. En gallego, en castellano. A mí me da igual, ¿eh? -Ben -proseguín soprendido-, ¿podería comentarme que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:50 - Commentaires [7] - Permalien [#]

jeudi 12 octobre 2006

NEVARADA

A noticia chegoume lendo en medio da nevarada. Estou feliz.
Posté par Jaureguizar à 16:56 - Commentaires [9] - Permalien [#]
jeudi 12 octobre 2006

A PISCINA DOS NOBEL

Hai un clamor popular enxordecedor para que me guinde á piscina, así puxen o traxe de baño Palomares Coast e alá vou. Se había auga ou non saberémolo á 13.00 de hoxe, dentro de case que trece horas. Hai dous favoritos claros, o que é contraproducente no caso da RAG sueca. Son o turco Pamuk e o israelí Amos Oz: os dous procuran o achegamento entre Occidente e o Islam, os dous tratan de empatar a esquizofrenia relixioso-económico-social das súas sociedades. Podería ser; quizáis máis Pamuk, que vén de publicar un libro que custa pechar... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:38 - Commentaires [10] - Permalien [#]
mercredi 11 octobre 2006

MAN BOOKER PRIZE

Non soa a chinés, soa a hindú.
Posté par Jaureguizar à 00:25 - Commentaires [7] - Permalien [#]
mardi 10 octobre 2006

DOCE

A pícara ten 24 horas. Naceu ás 16.00 de onte de parto natural en Vigo, na mesma clínica que a maioría dos seus irmáns. Atópase ben de saúde. Para os curiosos direi que pesa 220 gramos e mide 21 centímetros de alta. Conto que os interesados poidan visitala a semana que vén. Xa van doce, mais a miña ilusión mantén a súa intensidade.
Posté par Jaureguizar à 15:49 - Commentaires [13] - Permalien [#]
samedi 7 octobre 2006

BALAS CONTRA A DENUNCIA

Ela sabía que podía acontecer, aínda que non debeu de crelo de todo. Eu admirábaa por falar dos máis esquecidos e por facelo con valentía.
Posté par Jaureguizar à 23:34 - Commentaires [5] - Permalien [#]
mercredi 4 octobre 2006

O NOBEL, A 3.50 EUROS

Levo tres anos apoiando ao meu candidato sen que me fagan caso. Ladbrokes ten un candidato que me entusiama. O día 12 veremos se teñen razón. Dos nosos, eu sigo pensando que nos iría mellor se presentásemos o máis coñecido fóra.
Posté par Jaureguizar à 02:12 - Commentaires [27] - Permalien [#]
lundi 2 octobre 2006

UNHA ENCARGA EXCESIVA DE CHAMPAGNE

No Cabaret Voltaire, cando nos engañamos por exceso ao facer unha encarga de Veuve Cliquot, non partimos as botellas nin lles cambiamos a etiqueta, que xa ten a propaganda feita. Tratamos de adiar o pago e intentamos elaborar unha oferta atractiva coa fin de atraer clientes estranxeiros buscando que veñan coñecernos e nos axuden coa dorosa.
Posté par Jaureguizar à 15:52 - Commentaires [0] - Permalien [#]