A miña nai debe de pensar que durmo cos pés fóra da cama. Por iso sempre teima en regalarme o mesmo cando a visito. Insiste coa mesma enerxía coa que me nego a que me pague algo práctico e entón ela réndese e di: "Ya sé lo que quieres" e cambiamos de tenda. Ela interésase pouco por calquera libro que non trate do que a emociona ou a distrae e vaise preparando mentres me consulta. Desta volta, e considerando o que me está gustando e o que me gustara, eu tamén insistín.