Os carteis promocionais son curiosos. Eu aparezo entre os outros dous marcando un aceno moi relixioso. En realidade, estou facendo un comentario sobre os buxos. Este ano apostan con enerxía. Encargaron plotters cos tres tenores do 2006. En contra do que pensan algúns, que alegan que o seu é escribir; eu imprícome no grado que poido en axudar aos que invisten nas miñas obras.