Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
14 novembre 2006

O LEVANTADOR ENTRA NA COVA

Agradezo intensamente este comentario. Primeiro, por tomar en consideración e analizar con fondura unha obra para un público estigmatizado por outros. Segundo, porque sinala elementos positivos e negativos como máis sinceiramente se pode facer.

Publicité
Publicité
Commentaires
M
Ah, esquecíaseme señor Jaureguizar, se vostede perdeu a esperanza, está nunha magnífica situación
Nel mezzo del cammin di nostra vita
mi ritrovai per una selva oscura
che la diritta via era smarrita...
E bembido ao inferno contemporaneo.
Répondre
J
Paseante, con todo o respecto, para mín a novela é trama, estrutura, ritmo e personaxe. Abondan na nosa literatura os estilistas que impostan a súa narrativa para facer pasar exercicios de prosa coidada por novelas. Intento ser o máis lexible posible para que a forma non asolague o fondo. Outra cousa son os meus erros coa lingua, que tratarei de evitar.
Répondre
P
Tanto traballo lle costa pór algo de empeño no coidado da lingua, Jaure? É unha pena que un libro desmereza por falta dun chisco de traballo.
Répondre
A
Sen dúbida.

Como de costume, o Levantador de Minas escribe cousas dignas de seren ben gardadas...

ALMIRAL MOUCHEZ

P.D. E agora, meus amigos, se me permiten... despídome... para sempre.

Almiral Mouchez, que xa se acaba de despedir hai uns minutos dos amigos de Arroutadas, tamén lles di adeus aquí.

Creo que estas cousas da Rede ofrecen unhas posibilidades inmensas. O futuro estase escribindo en boa parte nelas, así é...

Pero hai un aspecto de Internet que non me gusta nada: o do insulto gratuíto, o dos ataques ás persoas.

(E que lles vou dicir xa das difamacións...?)

É verdade que eu sempre fun tratado nos foros e nos blogs -salvando algunha excepción que non ten importancia, alomenos non a tivo para min- cunha xenerosidade extraordinaria. Pero tamén é certo que o dano que se lles fai a outros dóeme máis, incluso, que o que se me puidera facer.

Así que, nestas circunstancias, a Almiral non lle queda outro remedio... que morrer.

(Era o destino...)

Coídense, todos, moito.

Quéroos máis do que lles sei explicar!

ALMIRAL MOUCHEZ

P.D. E eu creo, claro, na resurrección dos mortos. Pero neste caso, a verdade, non vexo moitos posibilidades de poder chegar a resucitar...

Bos días, boa sorte.
Répondre
L
Compráceme o seu post, Jaureguizar, que tamén lle agradezo. Por outro lado, un criterio propio pretendo que sexa a marca da casa d' O levantador de minas, non mediatizado por faccións de estigmatizadores dun signo ou doutro. Canto á sinceridade, a máscara literaria que uso é un recurso lúdico que calquera observador do blogue pode desvendar. Estou certo de que os meus obxectivos principais dificilmente han mudar, por iso calculo que non precisarei ocultarme para iniciar unha vida nova. Saúde, e brindemos por esa nova obra, que ao final é ben máis fácil falar dela que parila.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 574
Publicité