22 novembre 2006
AXENCIAS LITERARIAS
As axencias literarias españolas veñen de unírense nun colectivo para promocionaren os seus autores e defenderen os seus obxectivos. Aquí aínda estamos como estamos no ámbito das axencias.
Commentaires
Axente literario
As axencias literarias, aparecen cando hai vontade de profesionalización por parte dos escritores. Non se pode estar concentrado a escrir e ao tempo practicando o marketing. Ou non podemos moitos.
A realidade é que sen promoción publicitaria, as obras case non aparecen e desaparecen por boas que sexan.
As editoriais aquí non teñen a capacidade de facer estas promocións, polo que o autor queda abandoado a rutina de presentación...reseña...entrevista e adeus.
Salvo que se teñan o que se di "agarradeiras".
A aparición de axencias literarias, pois, non pode mais que democratizar o mundo da escrita, evitando o reinado de catro autores e pondo na rede de consumos a outros autores coa suficiente calidade como para que a axencia literaria aposte por eles.
A vostede mesmo, señor Jaureguizar non lle viria mal unha axencia literaria, porque é vostede activo, mostrou orixinalidade na súa autopromoción, e enerxia. Cualidades que unha axencia literaria competente sabería utilizar pra optimizalas e situalo a vostede onde pode estar.
Elias Aparicio Levy , protoaxente literario
Señor Aparicio, ¿estou interesado en comunicarme con vostede? ¿Pode enviarme un correo e/ou un número de teléfono a jaure@mundo-r.com?
o paradoxo galaico:
Existe tamén algo curioso na literatura galega. Hai poucos autores con blog. Curiosamente, debido a desgrazadamente escasa presenza dos nosos autores na prensa escrita galega, lembro que eu -e creo que falo por moitos- pensabamos que ía haber un alubión de blogs de escritores galegos, que empregarían esta ferramenta para achegarse ao público lector por esta vía e enmendar o que non fan os xornais. A realidade é, curiosamente, que os blogs de escritores son moito máis frecuentes noutras literaturas máis presentes nos medios que na nosa. Todo un paradoxo, non si?
resposta
Señor Jaurequizar, a posta en marcha dunha axencia literaria en Galicia, todabía está en estado prospectivo. Temos algunhas experiencias pilotos en marcha. Os resultados non poden ser mellores, e esto anímanos a ir dándolle corpo a axencia. Saberá vostede que hai delicadas dificultades, como a redifinición da relacións coas editoriais, que teñen pouco a pouco que ir admitindo esta evidencia, esta necesidade dos nosos escritores. O panomarma da litaratura galega, resultará dinamizado, a axencia introduce un marxe de competitividade, tanto para as editoriais, que non terían xa un campo hermo no que discriminar autores, moitas veces con criterios moi discutibeis, para a mesma calidade da producción literaria, xa que para a axencia a mala literatura nunca sería unha boa inversión, nin a corto prazo. Necesitanse obras cunha porxección de futuro que manteñan uns réditos, que son dos que a axencia vai tirar os seus beneficios. Na galiza é impensabel un boom, que tire miles de exemplares nuns meses. Hai que comprender este mercado. E para os mesmos escritores que ao recurrir a axencia, terán que estar seguros da súa profesionalidade, a implicación dunha equipa humana na súa promoción só é posibel partindo da seriedade do autor. Quedarán logo fora certos amateurismos, que mais que aportar a cultura a ao mercado da cultura, o que veñen facendo é aumentar o ruido.
EN canto o proxecto tome mais corpo, poñeremonos en contacto con vostede.
Agradeceriamoslle que reflexionase sobre a presencia social das ultimas obras publicadas, e que tentase, a modo lúdico cales son as que nos estamos, experimenalmente a promocionar.
Un saudo.
Señor Aparicio, non lle pode vostede facer isto a un periodista. Non me pode deixar con esta intriga. Gustaríame coñecer o seu proxecto, así que insisto en que me permita contactar con vostede. Deame tempo para pensar no das obras.
Non é tan estraña, Larvós, esa falta de escritores con blog. Para ter un blog, hai que ter un discurso que interese a un número mínimo de lectores; para ter un blog, hai que ter pouco medo a amolar os axentes do teu sistema literario, sexa de xeito consciente ou inconsciente.
Luis Sobradelo ten axente literaria. A propaganda que enviaron aos institutos ía asinada por ela.
¿E como se chama?
r
O mesmo que DOMINGO VILLAR e creo que agora Manolo Rivas
Poster un commentaire
Rétroliens
URL pour faire un rétrolien vers ce message :
http://www.canalblog.com/cf/fe/tb/?bid=78314&pid=3243493
Liens vers des weblogs qui référencent ce message :