mercredi 29 novembre 2006
CASE QUE ASINTO III (¿UNHA RESPOSTA?)
Un personaxe de Diego Amexeiras afirma: "Amosarse nostálxico sen pudor ningún e con pirotecnia estilística, edificando poses de fracaso persoal e estético onde só campa o mórbido vicio da autoindulxencia e a suposta superioridade intelectual do inadaptado, debería penarse, digo máis, cun castigo físico aplicado por unha asemblea de parados rabiosos".
mercredi 29 novembre 2006
SONA
Quéixome a un amigo de que entre, unhas cousas e outras, ando derrengado. Nomeadamente, porque se me xuntou a iso que se me esgota o prazo para entregar unha novela, na que aínda me quedan unha chea de correccións por facer. Con todo, cumprirei.
O meu amigo mira para min e me espeta:
-Pero se os escritores nunca cumprides os prazos.