mercredi 29 novembre 2006
CASE QUE ASINTO III (¿UNHA RESPOSTA?)
Un personaxe de Diego Amexeiras afirma: "Amosarse nostálxico sen pudor ningún e con pirotecnia estilística, edificando poses de fracaso persoal e estético onde só campa o mórbido vicio da autoindulxencia e a suposta superioridade intelectual do inadaptado, debería penarse, digo máis, cun castigo físico aplicado por unha asemblea de parados rabiosos".
mercredi 29 novembre 2006
SONA
Quéixome a un amigo de que entre, unhas cousas e outras, ando derrengado. Nomeadamente, porque se me xuntou a iso que se me esgota o prazo para entregar unha novela, na que aínda me quedan unha chea de correccións por facer. Con todo, cumprirei.
O meu amigo mira para min e me espeta:
-Pero se os escritores nunca cumprides os prazos.
dimanche 26 novembre 2006
CASE QUE ASINTO II (TEORÍA ESTÉTICA)
Diego Ameixeiras: "Cheirame ao chamusco toda esa xente que caldeira metáforas challangueiras, coma se o mundo fose un universo en permanente expansión, tan sutil e escollido que debe ser explicado mediante zafios armazóns líricos que só lles soportan colegas masoquistas e amigolos do prelavado cerebral. Pódese saber a que raio andamos?"
mercredi 22 novembre 2006
AXENCIAS LITERARIAS
As axencias literarias españolas veñen de unírense nun colectivo para promocionaren os seus autores e defenderen os seus obxectivos. Aquí aínda estamos como estamos no ámbito das axencias.
mardi 21 novembre 2006
INTENCIÓN
É unha delicia que un crítico , co que eu fun crítico de abondo, concorde coa intención que tiven eu cando escribín e afirme "este relato non se debe circunscribir ao ámbito dos lectores máis novos, senón que proporciona entretemento, formación e pracer a calquera lector, teña a idade que teña".
lundi 20 novembre 2006
PREMIO TORRENTE BALLESTER
¿Alguén pensou que ía gañar un escritor galego e/ou descoñecido? Pois, nin unha cousa nin a outra. Do que si me aledo é do finalista.
samedi 18 novembre 2006
NOVAS GRAVACIÓNS DOS RESENTIDOS
Atopei novas gravacións dos Resentidos e son do mellor que lles teño escoitado. Teñen tanto afán de seren o centro da vida cultural que seguen a técnica do ferrolán.
vendredi 17 novembre 2006
CASE QUE ASINTO
Diego Ameixeiras: "Galicia é un país tremendamente conservador. O pensamento reaccionario está instalado navida social, cultural e política, e hai mesmo un respecto relixioso pola tradición literaria que me asusta moito. Desgrazadamente, o único que parece cambiar neste país é o clima, pero aínda así teño a esperanza de que comencen a ocorrer cousas interesantes logo do remate dos botellóns". Asinto, Diego, mais eu nin sequera teño esa esperanza.
mardi 14 novembre 2006
O LEVANTADOR ENTRA NA COVA
Agradezo intensamente este comentario. Primeiro, por tomar en consideración e analizar con fondura unha obra para un público estigmatizado por outros. Segundo, porque sinala elementos positivos e negativos como máis sinceiramente se pode facer.
mardi 14 novembre 2006
ANTES DE B., DESPOIS DE B.
O Premio Montblanc á Muller 2006 foille concedido hoxe. Ten poucos galardóns, malia que hai un período da Historia da Literatura anterior a ela, outro posterior. Non embargantes, case ninguén a coñece. Xa lles recomendaron a lectura, eu recomendo a relectura e o suliñado.