dimanche 3 décembre 2006
1995
Eu tamén fun un deles. Onde vai todo aquilo? Desculpen a morriña, é que é domingo pola tarde e un txirimiri se esfaragulla sobre Lugo.
dimanche 3 décembre 2006
CONTOS PARA ALMORZAR
Cando era rapaz, descubrimos que Iñaki ceaba se eu lle contaba unha historia. Durante anos, apliqueime no exercicio cotián de entretelo para que comese cun conto improvisado. Foi un bo exercicio. Sara érguese cedo e varias veces intentei entretela con relatos creados para ela sobre a marcha. "É que non me interesa", adoita rexeitalos. A outra mañá, reneguei da miña bonita condición de pai contacontos e púxenlle a televisión. Ao terceiro anuncio advertiume de que xa sabía o que ía pedir aos Reis.