Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 décembre 2006

UNHA CUESTIÓN PERSOAL

Asumo que se me insulte e ata se me rebata polas cousas que escribo, pero non polas que non escribo. Estánme atribuíndo comentarios con alcume e mesmo co meu nome, nun foro galego que eu visitei en tres ocasións para advertir de que asino todo o que escribo en Internet co meu apelido. Trátase dun espazo no que non teño nin tempo nin interese en colaborar, malia que lea os fíos de literatura. Dispoño todo o material preciso recompilado para demostrar o que digo, pero antes de encargar o asunto á miña avogada, co que iso me vai supoñer de cartos, quixera saber se algún dos clientes pode informarme sobre Dereito Informático. A carga de probar que eu non uso seudónimos correspóndeme a min ou a eles? Debo dirixirme ao administrador para que me facilite as IP's das persoas contra as que me vou dirixir penalmente ou facelo a el obxecto do escrito no que pida que se me repare dos danos dado que é o responsable de manter as mensaxes na que se me insulta, difama e suplanta?

Publicité
Publicité
Commentaires
J
André, agradezo as súas palabras. Aínda así, discrepo. Eu si son ese que aparece en Internet, e como tal, e como persona con actividade pública, entendo que se me poida odiar e denostar. Non teño nada que dicir a iso. De feito, pode mirar a mensaxe que está aquí arriba.
O que non teño por que consentir é que se asinen co meu nome e con alcumes que se me atribúen afirmacións que eu non fago e se me rebatan como se fosen miñas.
Répondre
J
Querido amijo, ahí che vai unha pequena información que te axudará a pescudar ós culpables de tan grave afrenta contra a túa persoa:
O jato do brawuski chámase Erich von Stroheim e é un cruce de persa e angora. Non sei se che servirá de moito para a querela que vas a interpór pero se lle amosas a foto ó fiscal ó mellor este sentiría simpatía por ti despois de estoupar coa risa, porque a vas precisar despois de insultar a foreiros reais aspirantes a escritores polo nome de pía abusando de saber secreto que todo xuri debería manter en segredo. Nótase que estás moi ben informado de quen é quen no mundo dos consursos literarios do SLG. Pregúntome se a túa querela será vista antes ou despois que a de algún neno ou nena abusado sexualmente ou a dalgunha muller ingresada medio morta após de que o seu marido lle dera unha paliza. Moitas gracias por darnos unha pequena idea do que xa sospeitabamos dos mediocres escritores enquistados vitaliciamente no SLG: que amáis de escribir a maioría mal e ser vaidosos sen fundamento, uns ridículos.
Répondre
A
Nunha breve volta ao mundo virtual, e no nome tamén dun algo parente meu que é amigo común, permítame que lle diga algo:

Non creo que haxa quen o odia. En absoluto.

Cal sería a razón para odialo...?

Os que se poidan meter con vostede, entendo eu, non están a cuestionar a un señor que é xornalista, coida dos seus nenos e escribe libros en galego. Non...

Métense cun personaxe de Internet que se chama igual que vostede, pero que non é vostede, senón virtual.

Comprendo perfectamente os seus sentimentos. Ten toda a miña solidariedade e todo o meu cariño.

Pero non perda a perspectiva...

O Jaureguizar dos foros non é vostede. É parte dun universo distinto, que se pode considerar real, e se cadra paralelo... ou non.

Non se sinta ferido, porque aínda que esas leas non sexan precisamente agradables e algúns nos fixeran afastarnos un tanto deste cibermundo, estou seguro -insisto- de que ninguén o odia, senón todo o contrario.

Apertas a todos.
Répondre
J
Grazas a Salsa, Ambrosiano e Sucasas polos consellos e apoios. O que me alporiza é que xa teño eu inimigos abondos que coidar para que me creen máis con nomes e alcumes que non son meus. Grazas
Répondre
S
Esquéceo, Santiago. Seguramente algo se poida facer mais non paga a pena. Gasta o teu tempo en escribir e os teus cartos nunha mariscada no Mesón Alberto á saúde dos difamadores.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité