mercredi 13 décembre 2006

SEIS HORAS

Quedan seis horas para que me erga, tome o café na miña taza favorita (é branca e a lenda pon en sueco: Obxecto de cerámica), intente reanimar unha novela que teño decaída, dea o biberón ao Pequena Buda, vista a miña Barbie para que a súa nai a achegue ao colexio, vaia contarlle ao doutor Braña que me doe un talón, conduza ata Coruña, conteste unhas preguntas, recolla un diploma ou algo polo meu finalismo, regrese a Lugo, xante, acuda ao xornal, faga unhas páxinas, tome notas dunha sicóloga por un seu primeiro libro de narrativa,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:37 - Commentaires [4] - Permalien [#]