Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
19 décembre 2006

APETÉCEME CAMILAR

Apetéceme Camilar. As miñas gañas intensificáronse con Paperback writer: "Esta é a historia dun sucio home e a súa limpa muller non o entende. El tenta escribir unha novela como a vida mesma, pero ela inventa todo tipo de trampas para conseguir que escriba como Murakami". Eu creo que Murakami tamén fala da vida mesma (xa o fixo na santa biblia) malia que o faga ao seu xeito, e por iso espero que o domingo se me porte o Olentzero.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Leva razón en que uso ese verbo con reiteración, Brautigan. Non é algo consciente, pero que na miña cabeza haxa unha explicación. Deixoume vostede intrigado porque non me dera de conta.
Répondre
B
Jaureguizar, nunca entendín esa teima súa co emprego da palabra "defender" para defini-lo acto de presentación ou explicación (a grandes ragos) dunha obra literaria por parte do seu autor. tal actitude defensiva paréceme innecesaria.
Répondre
J
Caruso, supoño que terá claro que o do cranio non ía por vostede. Entre os contos de Franco hai cousas livianas e outras fondas. Ese conto del que publiquei arriba ten lecturas diversas.
Répondre
C
A min non me quedou nada no cránio, pode que o teña duro, leerei con detenimento esta nova entrega, e non se pode dicir que non persista, lin, ou pasei a mirada por todo canto publicou Camilo Franco, en parte porque semellaba liviano, e quizais resultoume algo de mais.
Répondre
J
Caruso, eu creo que Camilo Franco ten contos excepcionais en 'En malos pasos' e, sobre todo, en 'Por conto alleo'. Eu non son moi lector de contos, porque me semellan tan volátiles como as poesías, pero o que lle agradezo a Franco é que os seus contos son pequenos obxectos contundentes axeitados para golpear un cranio en caso de necesidade.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité