Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
23 décembre 2006

XEADA NEGRA

Esta mañá xeou en Lugo. Sempre que hai unha xeada intensa acordo da miña nai. Indignábase moito cando a súa asistenta, que tiña nome de corentona solteira, lle falaba de que na noite anterior caera "una helada negra".

-¡No sé por qué tiene que decir que había una helada negra, si estaba todo blanco! -alporizábase amatxu Itziar.

Publicité
Publicité
Commentaires
X
Ante todo, moitas grazas, Jaureguizar, por asomar o careto do meu primeiro libro no teu blog. (Xa hai unha segunda edición, se me permites dicilo)

Comprendo que amatxu Itziar se alporizase: se a asistenta dicía que caera unha xeada negra cando estaba todo branco. Equivocábase a asistenta. A xeada negra non se ve. Nunca se ve. Como moito pode percibirse un brillo ben fodido sobre os lastros dunha rúa vella ou sobre o pavimento dunha estrada. É como unha película de vidro aleivosa. A xente de campo sábeo ben. E témea ben. Pode deixar unha leira abrasada se despois da xeada sae o sol. A puta xeada negra que todo o queima e nunca se ve.

En fin, grazas outra vez, e que durante o ano 2007, alomenos, ningunha xeada negra nos queime a ningún de nós. Saúde para todos.
Répondre
J
Pois a súa explicación non concorda co significado que lle aplicaba a muller de Ribadeo, pero faiseme máis lóxica en canto á cor.
Répondre
A
Que estas sexan, para todos vostedes, unhas horas cheas de luz, poesía e esperanza.

ALMIRAL MOUCHEZ
Répondre
P
Efectivamente, tamén existe a xeada negra. Xa o creo que existe.
Répondre
D
mmm, non sei se ven a conto, eu falo. xeada branca en lugo é cando efectivamente xea e a auga presente no aire, a humidade ambiental, depósitase sobre o terreo e as cousas aparecendo todo cuberto de branco. Xeada negra reservábase (explicación do meu pai) para cando non había humidade ambiental ningunha e polo tanto xeaba pero non había esa capiña branca. A xeada negra, xa sen humidade ambiental logo, producíase en condicións de anticiclón longo e moi potento e polo tanto era peor que a branca. momento de saudade... :)
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité