vendredi 29 décembre 2006
ROTKÄPPCHEN
Teñen barra libre. A porta queda entornada e aberta. Non me rompan as Bormioli Rocco, que non hai presuposto. Volvo nunha semana.
mercredi 27 décembre 2006
A XERACIÓN DOS PEIXES
Tras a Xeración da Memoria Histórica, aparece a Xeración dos Peixes. Eles teñen tres segundos de memoria, non miran para o pasado nin para a tradición e case nin para Galicia. Escriben no de aquí, sobre o de aquí, pero atentos o de aló. E, no medio, a Xeración Knows.
mardi 26 décembre 2006
O PARAÍSO SEGUNDO DEUS
Deus fala sobre o Paraíso nunha conversa sobre o seu novo libro. ¿Quen o coñece mellor ca el? Hai un tipo que fai a introdución e peitea o cabelo igualiño que San Pedro. (De non lles interesar o que di, poden picar na marquiña azul que está no medio da liña pola que avanza o cursor que indica o avance da reprodución).
samedi 23 décembre 2006
XEADA NEGRA
Esta mañá xeou en Lugo. Sempre que hai unha xeada intensa acordo da miña nai. Indignábase moito cando a súa asistenta, que tiña nome de corentona solteira, lle falaba de que na noite anterior caera "una helada negra".
-¡No sé por qué tiene que decir que había una helada negra, si estaba todo blanco! -alporizábase amatxu Itziar.
vendredi 22 décembre 2006
O MUNDO XA O MEDIU OUTRO
Xúrolles que tiña un arquivo de word cunhas notas para escribir unha novela para rapaces sobre Von Humboldt. ¿E agora que fago? ¿Algunha suxestión?
mardi 19 décembre 2006
APETÉCEME CAMILAR
Apetéceme Camilar. As miñas gañas intensificáronse con Paperback writer: "Esta é a historia dun sucio home e a súa limpa muller non o entende. El tenta escribir unha novela como a vida mesma, pero ela inventa todo tipo de trampas para conseguir que escriba como Murakami". Eu creo que Murakami tamén fala da vida mesma (xa o fixo na santa biblia) malia que o faga ao seu xeito, e por iso espero que o domingo se me porte o Olentzero.
mardi 19 décembre 2006
CAPITÁN TRUENO
Non serei eu quen lle leve a contraria desta volta. Eu tamén estou canso das robertoalcazarinadas do Capitán Trueno. De todos os xeitos, non hai que alporizarse de que comparta institución con outras figuras do seu nivel.
vendredi 15 décembre 2006
DE PEDRA E DE PALABRA
Estarei hoxe no Consello da Cultura Galega, en Compostela, dende as 15.15 (16.15, hora española). O tema son a literatura e as novas tecnoloxías. Se queren falarme ou faltarme, xa saben.
jeudi 14 décembre 2006
3.000 GRAZAS
Eles estiman que a primeira edición pode esgotarse a fins de xaneiro, a catro meses de saír á rúa. Daquela, darei 3.000 grazas aos 3.000 compradores que fixeron posible que me entusiasmase tanto.