mercredi 17 janvier 2007

'VIAXES NO SCRIPTORIUM' TÍRASE O DÍA 1

Viaxes no scriptorium de Paul Auster estará nas nosas librarías o día 1, segundo anunciou Galaxia. A editorial explica que "a novela se centra no propio taller literario de Auster" narrando a fición dun "home, vello e só, sentado nun cuarto no que hai unha ventá e unha porta, unha cama, un escritorio e unha cadeira. Non ten lembranzas. Tampouco sabe se pode saír ou non. Arredor hai apenas uns poucos obxectos: unhas fotos vagamente familiares, catro montóns de folios e unha serie de etiquetas con algunha palabra escrita a man". O curioso é que recupera personaxes de ficións anteriores. A tradución é de Eva Almazán, que traduciu tamén Brooklyn Follies, que xa anda en segunda edición. Este novo título do norteamericano aparecerá asemade en castelán (Anagrama), catalán (Edicions 62) e éuscaro (Alberdania).

      

Posté par Jaureguizar à 10:06 - Commentaires [1] - Rétroliens [0] - Permalien [#]


Commentaires sur 'VIAXES NO SCRIPTORIUM' TÍRASE O DÍA 1

Sen palabras

Pero vostede xa escoitou isto?

http://ontherocks.blogia.com

Posté par X. Parrado, jeudi 18 janvier 2007 à 02:38
Poster un commentaire







Rétroliens

URL pour faire un rétrolien vers ce message :
http://www.canalblog.com/cf/fe/tb/?bid=78314&pid=3715380

Liens vers des weblogs qui référencent ce message :