Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
25 janvier 2007

MODELO PARA ARMAR

Os escritores de contos sempre me pareceron, por dicilo ao xeito dunha tía miña, "librepensadores"; xente de pouco orde, bohemia e trasnoitadora que carece de folgos para escribir. Aínda así, non podo negar as miñas debilidades. Léolle a Camilo esa teoría de que a novela é un modelo esgotado. El xustifícase comparándose con Ikea: ofrece os argumentos de novela para os lectores as monten. Suxestiva é a súa reflexión sobre a metáfora como figura esgotada e propia doutros tempos.

Publicité
Publicité
Commentaires
B
Madame Bovary era unha novela. esa non me parece a cuestión. hai novelas e hai relatos. falei da extensión dunhas e doutros porque creo que vostede lle concede demasiada importancia. hai Madame Bovarys mellores ca moitos relatos e ó contrario. commprendo que cando opina o que opina pensa nunha suposta maior solidez argumental e narrativa, pero a novela non me parece un modelo de nada.
Répondre
C
O seus xuízos, tan lapidarios como carentes dunha acaída reflexión, amigo Jaure, acostuman ser redundantes e, peor aínda, banais en bastantes casos.<br /> <br /> Mellor lle sería que pulise un pouco máis as súas entradas e desenvolvese algo máis os seus argumentos, que cada día son máis tediosas. E non se xustifique con que o "medio" así o pide.
Répondre
J
Coleccionista, non tema, que non vou cuestionar a literatura de Borges. Unicamente cuestiono esa defensa de certos argumentos seus como novelas sen desenvolver, seméllanme elevadamente cínicos e autoxustificativos.
Répondre
J
Brautigan, deberíamos antes que nada, definir o modelo de novela para centrar o debate. Por non entrar en soliloquios filolóxicos, direi que para mín o modelo de novela ideal é 'Madame Bovary'. Sobre as novelas de 200 páxinas que poderían quedar en 30, concordo e na nosa literatura abundan os exemplos. Porei un exemplo dun morto para non ofender: cando era vinteañeiro, lendo as novelas de Cunqueiro, pensaba en que darían estupendos relatos longos porque achaba secuencias tan xeniais como feblemente enfiadas.
Répondre
C
Por suposto que tres liñas son unha novela. ¿Non hai por aí aforismos de páxina e media? ¿Non chama Jiménez Losantos tertulias ao seu? ¿Non di Pedro J. que fai un xornal? E logo está "Tres liñas", a novela de Juan José de Blacas que revolucionou a literatura gutemalteca nos anos corenta. En canto a Borges, nin mo toque, don Santiago, que lle solto o can(ario, por dicir unha raza perigosa, he). En fin, que o que non é a novela, nin a literatura en xeral, é unha cousa tan seria como para que a un o riñan por non madurar as opinións. Para unha vez que teño unha...
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité