mardi 30 janvier 2007
O NOBEL QUE GAÑOU A CIA
Un historiador asegura que Boris Pasternak foi Nobel grazas á CIA. Os espías norteamericanos ocupáronse de que houbese unha versión en ruso, o que era imprescindible para recibir o premio. Segundo a investigación, chamada A novela branqueada, os axentes "roubaron un manuscrito dun avión que aterrara en Malta, fotografárono e editaron o libro en A Faia". Logo, convenceron a un comunista para que estampase o seu selo na peza. Pasternak gañou, pero as autoridades lle explicaron que era mellor renunciar ao premio. ¿Serviríanos... [Lire la suite]
jeudi 25 janvier 2007
MODELO PARA ARMAR
Os escritores de contos sempre me pareceron, por dicilo ao xeito dunha tía miña, "librepensadores"; xente de pouco orde, bohemia e trasnoitadora que carece de folgos para escribir. Aínda así, non podo negar as miñas debilidades. Léolle a Camilo esa teoría de que a novela é un modelo esgotado. El xustifícase comparándose con Ikea: ofrece os argumentos de novela para os lectores as monten. Suxestiva é a súa reflexión sobre a metáfora como figura esgotada e propia doutros tempos.
mardi 23 janvier 2007
FINOU KAPUCINSKI
Ryszard Kapuscinski finou hoxe en Varsovia aos 75 anos. Padecía unha doenza grave, da que foi operado o pasado sábado.
dimanche 21 janvier 2007
PREMIO PLÁCIDO CASTRO DE TRADUCIÓN
O Premio Plácido Castro 2006 concedeuse ex aequo a Xoán Montero, pola tradución de O banqueiro anarquista, de Fernando Pessoa, e a Ekaterina Guerbek (texto revisado por Maite Veiga), pola tradución de Diario dun tolo, de Gógol. Asimesmo, recoñécese con accésit o traballo de José García Mayoralas, pola súa contribución de divulgación científica no eido da sicoanálise e a súa elaboración terminolóxica, por Os fantasmas, de Michéle Perron-Borelli. O xurado estivo composto por Xosé Luís Franco Grande (Real Academia Galega), Xosé... [Lire la suite]
samedi 20 janvier 2007
¿ONDE ESTÁ MURAKAMI?
Aínda non se nos deu por facer cousas como perseguir así aos nosos grandes. ¿Será por que non corren?
jeudi 18 janvier 2007
OS MORTOS RETOMAN A CARREIRA
Ángel de la Cruz confìa en volver traballar en maio. Mantén guión, equipo e localización. Rebaixou o orzamento de tres a un millón e as semanas de rodaxe de 11 a 8. Conta con axudas da Xunta (135.000) e TVG (120.000). Buenavista achegaralle 450.000 euros para facerlle 150 copias e distribuílas e para facer publicidade. Espera outra boa parte do ICO-ICAA e de TVE. Hai máis informacíón onde sempre.
mercredi 17 janvier 2007
'VIAXES NO SCRIPTORIUM' TÍRASE O DÍA 1
Viaxes no scriptorium de Paul Auster estará nas nosas librarías o día 1, segundo anunciou Galaxia. A editorial explica que "a novela se centra no propio taller literario de Auster" narrando a fición dun "home, vello e só, sentado nun cuarto no que hai unha ventá e unha porta, unha cama, un escritorio e unha cadeira. Non ten lembranzas. Tampouco sabe se pode saír ou non. Arredor hai apenas uns poucos obxectos: unhas fotos vagamente familiares, catro montóns de folios e unha serie de etiquetas con algunha palabra escrita... [Lire la suite]
mardi 16 janvier 2007
BENQUERIDA CATÁSTROFE
Teresa Moure está rematando Benquerida catástrofe, unha novela sobre a orientación e a identidade sexual que será publicada por Xerais a mediados de marzo. O texto, ambientado na actualidade e máis breve ca Herba moura, concede moita importancia aos números primos.
mardi 16 janvier 2007
DISCURSO
Fran lembra un comentario que debín de facer en nalgunha ocasión reflexionando sobre que os poetas carecen de discurso sobre a súa obra porque a poesía é, en moitos casos, un xogo de palabras. Fran, intelixente como é, pon un exemplo que eu non podo rexeitar. Hoxe matizaría o meu apuntamento xeralizándoo a que os artistas principiantes non saben artellar discursos. Pelexo a cotío con pintores que me din que a súa obra fala por si mesma (e por mais que pegue a orella non a escoito) e con músicos que afirman que o seu grupo non ten un... [Lire la suite]