dimanche 4 février 2007

PRESENTAMOS A SEGUNDA EDICIÓN DA COVA

Xa hai quen llelo anunciou, pero Xosé Victorio Nogueira, Manuel Bragado e máis eu presentamos ás 19.00 horas de mañá (luns, día 5) na Biblioteca Fundación Caixa Galicia (Frei Rosendo Salvado, 14-16, de Santiago) a segunda edición. Non é que nos dediquemos a presentar edicións a tutiplén, senón que a presentación adiouse e acabaron por vendérense os seus tres mil exemplares da primeira sen que houbese un acto formal para publicitar o libro. Mañá, intentaremos dar un chisco de espectáculo. Veñan e discutamos.
Posté par Jaureguizar à 23:46 - Commentaires [4] - Permalien [#]